Artigos de Alfredo López Ferández

Perfil do colaborador
Outras colaboracións

Contaminación mariña (I)

O mar agocha, como baixo unha alfombra xigante, unha enorme cantidade de lixo, vergoña da sociedade contemporánea. Algúns mariñeiros máis vellos, cando un grumete lles pregunta a bordo onde poñer algún residuo, ou onde tirar aquilo que sobra, falan de que o poña no pañol grande. Así o mozote percorrerá sen rumbo a cuberta preguntándose […]

(0)

Mercado da ecoloxía ou ecoloxía de mercado

A mercantilización á que se nos somete converte en mercadoría as cuestións máis básicas da nosa vida, ata o punto de non recoñecer unha natureza sen custes. O capitalismo que nos rodea, ou no que estamos irremediablemente inmersos, ten comerciado co traballo, coa natureza e co capital; de xeito que calquera destes aspectos poden valorarse, […]

(0)

Os cetáceos como indicativo do estado do océano

O mar non ten boa saúde, os varamentos de cetáceos non son máis ca recordatorios, avisos xordos e mudos, mais moi clariños, de que este non é o camiño, oxalá sexamos quen de interpretalos. O voluntariado da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA, composto por Patricia, Paulo, Maca, Eva, Pablo, Xesús, Juan José e […]

(0)

Lumes de primavera de mentes escuras

—————————————————————– [NOTA EDITORIAL.- A responsábel editorial desta publicación dixital, Terra e Tempo, recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles. A directiva non asume como propias máis que as afirmacións do “Editorial” ou de “Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez” […]

(0)

Uso e abuso da ecoloxía

Todo o relacionado coa ecoloxía e o medio ambiente acaba, moitas veces, tendo un uso cosmético en política. En ocasións, os temas ambientais pasaron a ser palabras decorativas que deron lugar a moitas incoherencias entre o dito e o feito. Os intereses económicos sempre pesaron máis có cumprimento do discurso. A historia do movemento ecoloxista […]

(0)

Evidencias do cambio climático III: Nas nosas praias sobe o mar

Galicia conta cun potente equipo científico de investigadores do medio mariño que desenvolven o seu labor en varios centros de investigación, universidades e outras entidades científicas. Todos eles teñen adicado algún tempo de estudo e reflexión para estudar a influenza do cambio climático no noso país. O cambio climático é o resultado da alteración do […]

(0)

Evidencias do cambio climático II: Nómades no océano

A nosa costa supón unha encrucillada, un lugar fronteirizo entre as augas frías do norte e as cálidas ecuatoriais, ademais, bañada polas augas procedentes do Golfo de México. A especial situación xeográfica de Galiza e a súa conformación oceanográfica fan do noso litoral un dos lugares máis produtivos do mundo. Isto é ocasionado polo afloramento […]

(0)

Evidencias do cambio climático I: Verdades incómodas

Saturno comendo o seu fillo, unha alegoría incómoda, convértese na imaxe do cambio climático. Dende que as informacións científicas evidenciaron o fenómeno do quecemento global, que propicia o cambio climático, os investigadores aprenderon a recoñecer os indicios de como ese cambio podía afectar á vida que coñecemos no planeta. A difícil situación dos osos polares […]

(0)

Nubes borrascosas para o medio ambiente

O estudo dos temas ambientais nos programas electorais é un bo barómetro para medir, ao menos, a sensibilidade política de cara ao medio ambiente e, por extensión, a outros aspectos da vida política e do período que se nos abre a nivel estatal despois do 20N. Se ben as políticas medioambientais e as competencias sobre […]

(0)

O papel dos cabalos no monte

O monte quedou pequeno para o, cada día menos, gando que pasta polos seus outeiros, aínda así faise necesaria a súa pervivencia como garantía do mantemento do equilibrio ecolóxico, roto por múltiples esquinas. O noso monte foi historicamente lugar de uso comunal e entre estes usos atopábase o aproveitamento gandeiro. Dende os anos 40 o […]

(0)