Artigos de Alfredo López Ferández

Perfil do colaborador
Outras colaboracións

Discurso ambiental e neomalthusianismo

A percepción da problemática ambiental depende da análise e dos achegamentos teóricos e ideolóxicos ao discurso, polo que non é posible falar dun discurso ambiental en abstracto. Imos ver algún aspecto do animalismo, ou a defensa a ultranza dos dereitos dos animais, respecto do discurso ambiental. A preocupación polos animais criados e abandonados pola sociedade […]

(0)

Mariñeiros atlánticos

A finais de agosto tiven a posibilidade de visitar a Angra do Heroísmo na illa Terceira dos Açores. Alí, entre moitas cousas, descubrín que o Museo da vila está situado no convento de São Francisco, e nalgures da súa igrexa xace o corpo do mariño João Vaz Côrte-Real, un pioneiro nas augas atlánticas do século […]

(0)

A nosa corresponsabilidade na conservación do medio mariño

As tartarugas mariñas amosan moi claramente a importancia da nosa corresponsabilidade na conservación do medio mariño a nivel mundial. No Atlántico europeo viven un total de cinco das sete especies de tartarugas mariñas actualmente existentes a nivel mundial. Son réptiles antiquísimos, proceden de hai máis de 200 millóns de anos, é dicir, foron coetáneas dos […]

(0)

As pesqueiras transatlánticas e a coroa española na historia

Cantas veces máis repetiremos a letanía que xa nos deixou escrita metaforicamente Castelao, volverían as sardiñas as rías se os políticos quixeran O tratamento da historia que sempre fan os vencedores traslada unha realidade distorsionada que é obriga tratar de enfocar para ver de que xeito chegan ata a actualidade uns feitos acontecidos hai moito […]

(0)

Bioindicadores da calidade do medio mariño

Que a cousa ambiental no mar non vai nada ben é sabido por calquera que se aproxime á beira do litoral estes días. Nunca observaría tanto lixo, de todo tipo, porque o mar cuspe o que non é seu. Ademais de lixo o mar ten cuspido nas últimas semanas os corpos esgotados e mortos de […]

(0)

Cando a excepcionalidade climática se transforma en norma

Nestas últimas semanas estamos a vivir fenómenos climáticos extraordinarios, que traen como consecuencia a chegada do mar a lugares antes insospeitados. Vemos como algunhas praias desaparecen ou avanzan cara á terra, levándose o mar noiros e dunas. Vemos tamén como algunhas estradas son invadidas polo mar. Mesmo houbo varias mortes de persoas arrastradas pola ondada. […]

(0)

Baleas e competencias

O feito de que apareza unha balea varada na costa supón un caso excepcional de emerxencia, e como tal debería estar contemplado nos protocolos oficiais de actuación das emerxencias de Galiza. Non é habitual que aparezan cetáceos de grande tamaño varados. Dos 250 cetáceos que son rexistrados varados en Galiza, como media anual, tan só […]

(0)

Limpar ou non limpar o mar esa é a cuestión

Igual que durante moito tempo se pensou que o mar non tiña cancelas, tamén se considerou que non tiña fondo, e, igual que se lle foron pondo cancelas ao mar, cada vez vemos o fondo máis preto da superficie. Mais, non por iso acadamos colectivamente un nivel de sensibilización suficiente como para frear, e mesmo […]

(0)

Espazos protexidos de reclamación social

A sociedade galega actual é consciente da necesidade de preservar o medio natural e reclama a súa protección. Hai tan só uns anos falar de conservación do medio natural era pouco menos que imposible, un diálogo sobre o tema non ía máis aló de cinco minutos e de seguida remataba con aquilo de: e quen […]

(0)

O Banco de Galicia, a quinta provincia

O Banco de Galicia é unha elevación dos fondos mariños que está ao oeste da nosa costa. De Fisterra ao cume do banco hai unhas 120 millas (coordenadas da súa rexión central 42º40’N 11º43’W), un día de mar, estando separado da plataforma de Galicia por unha canle de 2500 metros de profundidade. Esta elevación no […]

(0)