Artigos de Alberte Souto Souto

Perfil do colaborador
Outras colaboracións

Unha caixa ao servizo de Galiza?

Luces e sombras na constitución da nova caixa galega Xa vai transcorrido ano e medio desde que se aprobara, froito do consenso entre o PSOE e o PP, o proceso para, segundo a terminoloxía legal, unha fonda reestruturación e ordenación das entidades financeiras no estado español. Mais, detrás dese pomposo enunciado, agochábase en realidade a […]

(0)

Ao asalto das pensións

O futuro das pensións ha depender da vontade maioritaria da cidadanía emitida con conciencia e coñecemento de causa Estamos asistindo ao debate sobre o futuro das pensións, un dos alicerces do sistema de protección social. Mais lonxe de producirse un contraste de ideas en termos racionais, coa posta en común dos necesarios datos técnico-económicos para […]

(0)

A especulación na política galega

Entre as variadas acepcións da palabra especulación, a máis acaída ao contexto actual seguramente sexa a que nos remite á realización de operacións ou actuacións coa mira posta no futuro, tirando partido dunha posición ou de determinadas circunstancias favorábeis. Na evolución económica recente, a especulación tivo un destacado papel, ao abeiro dos fundamentos do paradigma […]

(0)

Razóns de máis para irmos á folga

Outra volta chega setembro, a piques de cumprirse a efeméride da quebra do banco de investimento “Lehman Brothers”, sinalada como o percusor dunha nova crise financeira, mais que, co paso do tempo, ao ir deitando efectos devastadores na destrución de emprego e na queda da economía real, ven de revelarse máis como un epifenómeno dunha […]

(0)

Outra rolda de “café para todos”? Non grazas, en Galiza queremos té

Vén de ser publicada a sentenza íntegra sobre o Estatut catalán, logo de terse adiantado un fallo que, se ben termos cuantitativos non afectaba á maior parte do seu articulado, xa avanzaba unha seria afección sobre a vontade expresada polo Parlamento catalán, polas Cortes Xerais e referendada polo pobo catalán. A lectura da sentenza confirma […]

(0)

Un novo marco para o autogoberno de Galiza

A recente sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatut de Cataluña volve a pór de manifesto que a referencia contida na Constitución de 1978 á “indisolúbel unidade da nación española” constitúe un valado infranqueábel baixo o que se parapeta o españolismo máis reaccionario para impedir asumir con normalidade unha configuración política institucional do Estado español […]

(0)

Fracasa o Tribunal Constitucional ou fracasa a Constitución?

Logo de tres anos de debates, varios borradores de sentenza redactados por sucesivos xuíces que non atinxiron un consenso maioritario, o Tribunal Constitucional é incapaz de pronunciarse sobre a “constitucionalidade” do Estatut catalán, refrendado por ampla maioría da sociedade catalana. Se alguén aínda albergaba esperanzas no carácter xurídico-técnico deste órgano xurisidicional encargado de dirimir as […]

(0)

Desmontando a austeridade

A redución do déficit público: a nova obsesión da ortodoxia económica neoliberal Vén sendo un lugar común aseverar que “para triunfar hai que ter estilo”. Malia o predominio abafante hoxe en día da fasquía visual, se cadra en cuestión de estilo sigue a ter moita importancia o uso da linguaxe. Para iso se crearon as […]

(0)

Sen novas de Galiza na axenda da Presidencia Europea

Atravesamos o ecuador da Presidencia da Unión Europea que, por quenda, lle corresponde neste semestre ao Estado español, sen que se atinxise ningún dos obxectivos propugnados polo Goberno presidido por Zapatero, e tampouco sen vermos sequera incluídos na axenda europea os asuntos que afectan dun xeito especial a Galiza. O Goberno español asumiu en xaneiro […]

(0)

Aniversario no Vaticano

As imaxes e declaracións sobre o devandito acto solemne reflexan un encontro onde o mandatario civil Feijoo puxo en escea un guión clásico, desempeñando o papel agardado sen improvisar apenas unha liña, cedendo autoridade e rendendo pleitesía perante o nuncio divino. Non se podía pretender menos dun Presidente da Xunta que, ao longo dun ano, […]

(0)