Artigos de Xoán Carlos Garrido Couceiro

Perfil do colaborador
Outras colaboracións

Feinmann e a “Crítica da razón imperial”

O pasado domingo 19 comezaba a publicarse conxuntamente co xornal Pagina 12 o coleccionable “Crítica de la razón imperial” da autoría de José Pablo Feinmann (JPF). Se o xornal “Pagina 12” xa é unha publicación singular, este xeito de divulgar a filosofía e o pensamento político entre as masas é unha actitude inédita entre os […]

(0)

As palabras e as cousas nas eleccións no ensino

Cando chegan as eleccións, o poder, coa súa propaganda, trata de tapar a realidade. No ensino, logo de anos sendo usado como arma arreboladiza e como reclamo electoral, chegou a tal extremo a disociación entre as ilusións que se proxectan e os feitos que habería que preguntarse como é posible soportar semellante fenda, como hai […]

(0)

Carvalho na Estrada, e por todas as estradas da nación

Quizais haxa que vencer o pudor de lembrar a propia experiencia para falar de Carvalho Calero. Mais na confianza que aquela foi compartida por moitos mozos nos que deixou fonda pegada, cabería falar da recepción de Carvalho. Non só da súa obra senón da súa figura, do impacto que causaba que acudira aos Institutos máis […]

(0)

Os sindicatos corporativos e a folga xeral

É posible que haxa algúns empregados públicos que se vexan tentados a desentenderse da sorte do conxunto dos traballadores na folga do 29. As razóns poden ser moitas. Nalgúns calaría a mensaxe que machaconamente transmite ultimamente o poder de que a solución aos seus problemas pasan pola desaparición dos liberados, dos sindicatos, e en definitiva, […]

(0)

En agosto… cita coa memoria

Este 18 de xullo, como sempre desde que se aprobara a declaración polo parlamento galego do 2006 como “ano da memoria”, a illa de San Simón acolleu un acto de lembranza e homenaxe ás vítimas da represión franquista. Nesta ocasión ademais asistimos a consolidación dun lugar de encontro entre as diversas asociacións e persoas que […]

(0)

Ucase

Moitos tivemos noticia -a través dun poema de Marilar Alexandre– da existencia da palabra “ucase”. Mais todos sabíamos a que se refería aínda que non supéramos como se chamaba. Cando Marta Dacosta dou lectura a este poema no encontro do profesorado de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química e primaria que obrigan a dar aulas en […]

(0)

San Simón: De como “aillar” aínda máis a memoria desta illa

Semella que o obxectivo é borrar o rastro do sucedido na illa de San Simón. O proxecto que presenta a Consellaría camiña cara a incompatibilidade da súa dinamización cultural e turística co feito incuestionábel de que “San Simón” foi o corredor da morte de milleiros de persoas que agardaron sentenza nese paradisíaco lugar e que […]

(0)

Os mestres e as clases (sociais) perante o 1º de maio

Creo lembrar un texto de Sartre que falaba da función esencial do clero medieval en servir de cemento para selar as antagónicas clases sociais co fin de que funcionara a comunidade, e vaia se funcionaba, sobre todo para os dominantes. E, aínda que hai máis de 20 anos desa lectura, recordo como rastrexaba o papel […]

(0)

Son humanos os iraquís?

No marco desta ofensiva mediática contra Cuba sae a luz o vídeo do asasinato do fotógrafo da axencia reuters Namir Noor-Eldeen e outras once persoas máis polas balas dun helicóptero apache norteamericano. O caso é que confundiron o teleobxectivo da súa cámara cun lanza mísiles. Iso semella algo habitual, só desta axencia británica levan morto […]

(0)

Nin os mortos estarán seguros

“Tampouco os mortos estarán seguros ante o inimigo cando este venza. Y este inimigo non deixou de vencer” escribía Walter Benjamin nas súas Teses de filosofía da historia confluíndo cun Castelao que pola mesma época estaba a soster a mesma crítica contra unha ideoloxía socialdemócrata da historia que ao fin se resumía na frase de […]

(0)