Artigos de Xoán Carlos Garrido Couceiro
O imperio da lei
A esquerda española apelou ao respecto a lei para opoñerse á realización dunha consulta en Cataluña sobre a súa pertenza ao Estado. Non presentan un rexeitamento frontal que entraría en colisión cun dos principios básicos do ideario progresista como é a defensa da autodeterminación dos pobos, optan por trasladar o peso da responsabilidade desta posición […]
Morra Jean Paul Sartre!
O 3 de outubro de 1960 máis de dez mil manifestantes marchaban polas rúas de París ao berro de “Morra Jean Paul Sartre”. O filósofo viña de asinar o manifesto dos 121 en contra da ocupación francesa de Alxer e os chamados ex-combatentes e a dereita imperialista arremetían contra el. O ano pasado asistimos á […]
O asalto á nación
Este ano cumpríronse 50 desde que Adolf Eichmann fose xulgado e executado en Israel por ser o máximo responsábel da posta en práctica da chamada “solución final” que tiña como obxectivo o exterminio de todo o pobo xudeu. Non só este feito, senón que para capturalo se violase a soberanía doutro país, Arxentina, onde foi […]
Votos por mentiras
Quizais “Contra mendacium” é o primeiro tratado rigoroso sobre a relación entre a mentira e a política, aínda que se teña por un debate moral ou mesmo relixioso. Agostiño (San Agostiño para os amigos) arrepúxose aos que sostiñan que para destruír aos priscilianistas era lícito mentir. Cóntanlle que os partidarios de Prisciliano -que tiñan moito […]
Lembranzas de Avelino
Nos últimos tempos houbo un momento no que nos gardamos de pedirlle a Avelino que nos acompañara mesmo que soubera da celebración dalgunha actividade a prol da lingua, da memoria ou simplemente patriótica porque sabíamos que querería asistir e, consciente dos seus problemas de saúde e do pouco conveniente para esta do activismo continuo ao […]
Francisco Sánchez como síntoma
A eliminación do nome Francisco Sánchez dun IES de Tui causou grande impacto entre certas elites intelectuais do país, o profesorado de filosofía consciente ou a erudición local, se ben é certo que a cousa non foi máis alá. E dalgún xeito isto non é máis que un síntoma que nos axuda a comprender mellor […]
Educación Cívica ou adoutrinamento
Tamén neste asunto apreciamos como a función da socialdemocracia é gradar o terreo para que despois a dereita pura e dura leve a cabo o seu programa de máximos. Unha vez que o PSOE retiraba a transversalidade dos valores relacionados coa loita contra a discriminación e a desigualdade, logo de reducirlle horas e substancialidade a […]
Ciao Antonio Tabucchi
Atopamos na última páxina da revista Biblos que vén de chegar ás nosas casas un “In Memoriam” adicado a Tabucchi. Polo tipo de publicación que é resulta breve para o autor do que se trata (quen ten varias obras en galego). Quizais pillara aos deste club de lectores como ao do resto da prensa sen […]
No 40 cabodano do pasamento de Kenkeirades
O 14 de abril conmemorouse na Estrada o 40 aniversario do falecemento de Manuel García Barros, Kenkeirades. A Asociación Cultural “Vagalumes” desenvolveu ao longo do día diversos actos comezado pola súa casa natal, na parroquia de Berres, no que o mestre Olimpio Arca Caldas evocou o exemplo do maxisterio deste colega separado do servizo e […]
Europa, da Folga Xeral á Semana de Filosofía
Como cada ano, e desde hai 29, logo da Semana Santa vén outra de signo ben diferente que se consagra ao pensamento e o debate libre, a de Filosofía de Pontevedra. Unha cita que moitos gardan na súa axenda desde que se achegaron por vez primeira a calquera das súas sesións e ficaron engaiolados do […]