Artigos de Xoán Carlos Garrido Couceiro
Filosofía: Nove semanas e media
Cando acontece unha conmemoración adoita a facerse balance. E na medida en que se celebra os números de edición que o díxito remata en 0 ou en 5, esta 35 Semana Galega de Filosofía non podía ser menos e había que facer algo. Certo que non ten a relevancia dun número máis redondo e que […]
Unha Terra sen nome
Vén de presentarse “Os nomes da Estrada” de Clara Iglesias, e con ocasión deste traballo que trata dun dos concellos que alberga máis topónimos do Estado tivemos oportunidade de debater sobre este importante patrimonio inmaterial que posuímos, mais tamén sobre outras consideracións que se nos suxiren ao fío desta cuestión. Na presentación interviu Calros Solla, […]
Ofensas e Odios: Caen as máscaras e o entroido continúa
As primeiras noticias que me chegan sobre o pregón de Carlos Santiago e o rebumbio xerado polas súas palabras non me pareceron que mereceran moito máis comentario que inscribilo dentro das lóxicas consecuencias de facer humor intelixente: non se pode agardar que os parvos o entendan. Mais o intento de sobredimensionar isto e a chamada […]
A esquerda española e o fascismo
Foi polémica a campaña dos líderes da esquerda “roturista” española de imputar ao nacionalismo o “despertar” do fascismo. Rapidamente foi descalificado polo mesmo que sempre se descalifican estes argumentos onde se lle bota a culpa ás vítimas da actuación dos vitimarios. Pero que é ser de esquerda e que é o fascismo? O certo é […]
Imaxinádesvos un mundo no que Hitler gañase a guerra: España
Nas series que nos presentan sociedades distópicas nas que trunfan os nosos peores pesadelos a miúdo nos colocan diante de situacións ficticias que a primeira vista nos parecen irrealizábeis mais, logo, acontecen cousas que nos fan pensar que estamos a vivir un dos seus episodios. A máis coñecida destas é “Black Mirror”. E as veces […]
27 de setembro: Bautista e a democracia
Na Semana Galega de Filosofía pedíronlle a Bautista que lle contara como fora a transición. El ironicamente respondeu: a min non me digas, eu non a vin porque pasei case todo o tempo na cadea. Mais con esa resposta deixaba en evidencia o que foi a súa loita pola democracia e que foi o que […]
Revisitar Marcial Valladares para rexurdir outra volta
Recentemente tivemos coñecemento dunha biografía de Marcial Valladares. Esta obra fora editada pola Deputación de Pontevedra no 2005 mais, como acontece con moitas outras publicacións realizadas por institucións, pasou desapercibida e non foi debidamente difundida. Veño dunha xeración que quixo saber del, que non se satisfacía coas escasas noticias que nos chegaban do autor da […]
Na defensa de Aristóteles (e III): Belén Castellanos ou a filosofía por outros medios
A desaparición da filosofía do ensino é un síntoma. O problema é a disolución da filosofía en si. Non é que tiveramos garantía de que ao estar no currículo iso que se daba nese horario fora filosofía. Pero si era unha oportunidade para que o fose. E, xa que logo, é unha mágoa a súa […]
Fran (Narf): “Oín dicir que non ías andar máis por aquí”
Dicíase aquelo de que a “arte pola arte” era reaccionaria e que o revolucionario era aturar a un autor “engagé”. Entón coñecemos a Fran e cambiou todo o que pensábamos ao respecto. O compromiso acomodou creadores, houbo momentos de valentía dos que logo se quixo vivir de rendas e houbo moito “traidor dos aplausos” en […]
Na defensa de Aristóteles [II]: A ética da liberación
Nun mundo tan inicuo un ten dabondo onde escoller para apuntarse a unha causa xusta. Podes buscar aquela que máis se lle axeite aos seus gostos, a súa situación persoal e a súa experiencia particular. Isto permitiralle mirarse ao espello e compracerse co que ve, tranquilizar a conciencia, etc… agora, que iso repercuta en equilibrar […]