Artigos de Manuel López Foxo

Perfil do colaborador
Outras colaboracións

Retorno a Luís Seoane

Até o próximo 24 de xuño non saberemos se a Real Academia Galega de Belas Artes lle vai dedicar o Día das Artes Galegas 2018 a Luís Seoane, mais sexa ou non sexa el o escollido, a verdade é que a Luís Seoane cómpre volver sempre, unha e outra vez. Regresar a Seoane é un […]

(0)

Carta que ben podería ser unha elexía a Xohana Torres

“A comezos de agosto iremos pasar uns días a Vilanova de Cerveira e ao mellor chámote para quedarmos e irmos ver a Xohana”, díxenlle eu a Pepe Puga, que de inmediato se mostrou entusiasmado coa idea e disposto a acompañarnos onda ti. Pero lamentabelmente non houbo esa última tarde contigo. Ao final, temendo invadir así […]

(0)

Os fados de Francisco Souto

Desde os nosos anos mozos dedicamos un bo número de artigos á lectura e á divulgación de libros que ían saíndo e que producían un enorme gozo en nós. É agora o noso propósito recuperarmos desde hoxe, e a través da nosa colaboración periódica neste medio dixital, algunhas daquelas vellas lecturas sobre autoras e autores […]

(0)

Unhas outras prosas marabillosas de Álvaro Cunqueiro

O libro, editado en tapa dura e con sobrecuberta, con magníficas fotografías de Raimon Camprubí, é, no seu conxunto, unha auténtica xoia, tanto para o gozo da lectura como para o pracer da contemplación visual. Escrito como só Cunqueiro era quen de escribir, cunha prosa que se bebe, este traballo é un relato histórico, xeográfico, […]

(0)

A capacidade de ilusionar

Se non hai ilusión por cambiar as cousas, por conquistar outros horizontes, por gañar un pulso a prol da xustiza social, da igualdade ou do país, se nos falta esa ilusión a cada un e cada unha de nós, nin avanzaremos como sociedade nin se moverá o río da nosa historia. A ilusión está na […]

(0)

As dúas opcións do nacionalismo galego

Son dos que pensa que desde mediados dos setenta para acó o nacionalismo galego, no seu conxunto, non sempre soubo cooperar e aproveitar todas as posibilidades que o contexto político lle ofrecía. Estou convencido de que foi un grande erro político desfacer o Consello de Forzas Políticas Galegas, xusto cando se estaba a abrir o […]

(0)

De irmán a irmán

Meu vello amigo e admirado poeta: Veño de ler con grande asombro algunhas das cousas que dixeches no mitin de Vilalba. Non alcanzo a comprender como unha persoa culta e intelixente coma ti e que tantos anos militou no BNG pode chegar a dicir que “Nunca Galiza en tan pouco tempo tivo tanta presenza e […]

(0)

O silencio da crítica fronte á mellor obra lírica de Manuel María

Xa o dixo Pexegueiro: Para que queredes un poeta vivo / se non sabedes que facer con el; / matádeo e celebrádelle as pompas. Pompas e louvanzas desde logo non lle han de faltar este ano a Manuel María, incluso nos mesmos círculos da cultura galega que nada fixeron en vida do autor por editar […]

(0)

Derrotar a Feijóo é un obxectivo político, non a razón de ser do nacionalismo

O presente e o futuro do nacionalismo galego é, certamente, difícil e complexo. Igual que é un momento moi difícil para o noso país, que máis unha vez sofre outra hemorraxia humana, un forte devalo económico e un profundo proceso de desgaleguización e de centralización política. Moitas e moitos de nós enfrontámonos hoxe a un […]

(0)

Estarmos ou non estarmos como nación: iso é o que se xoga Galiza

Sobre a estratexia política que Ramón Piñeiro e Domingo García-Sabell deseñaron nos anos setenta, nos tempos da Transición, creo que aínda hoxe non se dixo todo o que hai saber. Mais nós atopamos un enorme paralelismo entre o que o piñeirismo fixo nese momento histórico e o que agora están a facer figuras tan destacadas […]

(0)