Artigos de Manuel Cabada Castro

Perfil do colaborador
Outras colaboracións

Lendo “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza” de Francisco Rodríguez

Non pretende ser este apuntamento un simple e aséptico, limitado en calquera caso, resumo da valiosa información coa que nos atopamos ó adentrármonos na teima apaixonada (dito sexa isto como loanza!) coa que o autor se mergulla na documentación histórica da “segunda metade do século XIV” relacionada con Galiza. Só quere ser, pois, un simple […]

(1)

Un interpelante estudo portugués sobre a lingua galega

Hai xa algunhas semanas recibín dun amigo como exquisito galano das comúns preocupacións sobre o devir da nosa propia lingua, a galega, un volume que a continuación só quería comentar ou case só soletrear nalgúns dos seus puntos básicos. Por aquilo de que “bonum est diffusivum sui”: o bo difúndese por si mesmo. Trátase da […]

(1)

Sobre un crego dos anos trinta que semella ter optado polo lobo, non polas ovellas

Ceos e terra chorando…Ai, por Deus, que foi de nós? Levar o ferro colgando no canto do corazón! Entre os coñecedores da crúa represión no interior do país galego tralo golpe franquista de 1936 o nome do xesuíta Petronilo Nieto é citado ou nomeado (e obviamente criticado) sen que porén sobre o seu contexto biográfico […]

(1)

Reivindicando unha Galicia de seu desde a carta encíclica “Fratelli tutti”

Os escritos procedentes dunha tan alta instancia coma a do papa teñen en principio un especial significado non só para os crentes dunha concreta relixión, neste caso a católica, senón tamén para calquera persoa interesada ou preocupada polo devir da humanidade e dos pobos que a conforman. En tal sentido, están tamén de feito dirixidos […]

(1)

Antonio Rodríguez Fraiz (1912-1995), un crego nacionalista

D. Antonio non foi un crego do común no seu tempo, quero dicir, doadamente inseríbel nos esquemas acostumados ou normais da época. Porque desde un determinado momento do seu compromiso relixioso ou pastoral coas tarefas parroquiais que se lle confiaran veuse el interna e poderosamente impelido a adoptar decisións ou actitudes que rompían en boa […]

(1)

A tarefa galeguizadora de Cabada Vázquez no xornal estradense “El Emigrado”. No centenario do seu aparecemento en 1920

Hai poucos días, o 15 de setembro, e grazas ó impulso da Asociación Cultural “Vagalumes”, celebrouse con diversos actos e discursos conmemorativos lembranza pública na Estrada do xurdimento do xornal estradense “El Emigrado” coincidindo tal data xustamente coa publicación hai agora cen anos do seu primeiro número nese mesmo día e mes do ano 1920. […]

(1)

Sobre o poeta e político galeguista Cabada Vázquez (1901-1936). Novos datos

Non resulta cousa doada chegarmos a esgotar a descrición dos modos de ser, de actuar, etc. de persoas coas que non se conviviu directamente e coas que, xa que logo, a relación persoal, directa e emocional estivo inevitabelmente ausente. A documentación de que se poida dispoñer é desde logo importante; mais, aínda así, depende ela […]

(1)