Artigos de Francisco Graña

Perfil do colaborador
Outras colaboracións

A soberanía da Península Ibérica

O territorio que hoxe abranxe o Estado español nunca foi Soberano por moito tempo, e na actualidade menos que nunca ao formar parte, xunto a Portugal, da Unión Europea. Antes como Imperio Español e agora so a Monarquía Borbónica, forman entrelazados políticos,que xunto a Portugal, se adicaron a oprimir e expoliar a outros pobos, e […]

(0)

Unha reliquia do colonialismo español

“Foi o rei de España don Felipe IV, quen outorgou en Madrid o 7 de Novembro de 1676 á cidadanía de Santa Cruz de la Sierra o titulo de: Moi nobre e moi leal, así como o seu escudo de armas. Este deseño heráldico de armas que foi recibido en Santa Cruz polo gobernador don […]

(0)

A guerra nuclear

Hai pouco tempo lín na prensa, que diante dun conflito nuclear mundial, o lugar máis seguro para residir era o hemisferio sur. Casualmente por estas datas, eu atopaba-me nestas latitudes, co cal me sentín moi aliviado, dado que a tensión global parece que estaba ao roxo vivo. A antiga Unión Soviética afundiu-se e non houbo […]

(0)

Crítica ao altermundismo

O Altermundismo, conforma hoxe unha corrente de pensamento neo-marxista cosmopolita partidaria do proceso de Globalización e da disolución dos Estados-Nación, cara un Goberno Mundial “Estado Imperio”, que sería o preludio dunha futura Revolución proletaria Mundial, como condición necesaria para que esta poida ter lugar e non antes, pois a burguesía cosmopolita global só pode ser […]

(0)

Acerca do Manifesto Comunista

“Os propietarios da mera forza de traballo,os propietarios do capital e os propietarios das terras, teñen como fontes respectivas de ingresos: o salario, o beneficio, e a renda da terra. xa que logo, os asalariados, os capitalistas e os terratenientes constitúen as tres grandes clases da sociedade moderna, fundada sobre o sistema de produción capitalista” […]

(0)

Unha aproximación histórica á experiencia soviética

A liquidación do poder capitalista é a condición necesaria para o inicio dun tránsito cara unha sociedade libre de opresión e de explotación. Aínda que ata de agora a superación do capitalismo non foi posíbel a nivel mundial , a experiencia histórica xa amosou repetidamente, para ben da humanidade, a realización da súa posibilidade, aínda […]

(0)

China, xigante cos pes de barro?

A historia milenaria de China marcou fondamente a psicoloxía do seu pobo. Este vasto país padeceu ata o século XX continuas invasións, saqueos,fame e humillacións, por estar dotado dun poder débil, incapaz de defender a nación. As traumáticas experiencias sufridas xa son parte do ADN dos chinos, o que lles provoca unha aguda necesidade de […]

(0)

A cuestión nacional e a cuestión social

Na globalización dáse un conflito entre a oligarquía imperialista e as maiorías populares que se manifesta principalmente entre o imperio globalizado e os pobos e Estados – nación que queren ser soberanos. O dereito a autodeterminación destes pobos confróntase cos intereses do capitalismo imperialista, nunha loita que libran as maiorías populares que conforman as nacións, […]

(0)

Marabillas do consenso

O sistema capitalista é atravesado por moitas contradicións. O uso da forza é, as veces o medio a que recorre a oligarquía dominante cando estas poñen en perigo o seu poder, malia que o seu uso non é o máis desexábel para as minorías beneficiarias deste sistema, polo seu custe, grao de inestabilidade e perigos […]

(0)

O custe da dependencia

O patriotismo está asociado moitas veces as penalidades e sacrificios que soportan os pobos na defensa das súas nacións, como acontece nas guerras imperialistas que se fan en beneficio exclusivo das minorías oligárquicas, coa escusa de servir os intereses das patrias. Mas isto non sucede no caso do noso país onde o patriotismo non é […]

(0)