Artigos de Alfredo López Ferández

Perfil do colaborador
Outras colaboracións

A historia ambiental: unha historia de historias

Durante moito tempo a HISTORIA limitouse a unha primeira cuestión descritiva da evolución política das civilizacións humanas. Nela debullábase a orixe e a consolidación do estado-nación, ficando constancia do resultado das pugnas sempre polos vencedores. Así, as teses da maior parte dos historiadores non só eran descritivas, senón que tamén explicativas e xustificativas do estatus […]

(0)

Sector primario no mar, crise e recoleción sostible

Mentres a crise ecolóxica era xa evidente hai ben tempo, a ollos de toda a poboación mundial, a crise económica agochábase baixo enmarañadas gráficas estatísticas, grises e enganosas para a maior parte da poboación, e, parelamente, evidenciábase unha enorme crise de modelos sociais. Todas estas situacións mencionadas foron debidas á mercantilización universal e á deshumanización […]

(0)

Rede Natura: o contrato dos nosos compromisos coas xeracións futuras

O goberno galego puxo a exposición pública o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galiza, no que se establecen un conxunto de medidas de planificación e xestión para os lugares que integran a Rede Natura 2000 no noso país e que deberían supoñer un verdadeiro compromiso contractual coas xeracións futuras. Mais fallan os alicerces […]

(0)

A memoria antinuclear

As neuronas, mellor, os átomos das neuronas, son os que manteñen viva a nosa memoria sobre os feitos acontecidos, e outras neuronas, mellor, outros átomos doutras neuronas, teñen a obriga de non esquecelos. Lembremos: no ano 2005 o círculo do empresariado español ofreceu un apoio sen fisuras á enerxía nuclear no seu informe “Unha nova […]

(0)

Da WuWa, WunderWaffen a Fukushima

Teoría atómica A principios do século XX os científicos europeos estaban na vangarda da investigación atómica, entre outras, mediante o desenvolvemento da mecánica cuántica por parte do físico Werner Karl Heisenberg. O auxe do fascismo en Europa provocou unha emigración de eminentes físicos de orixe xudía cara aos Estados Unidos, entre os que se atopaban […]

(0)

Ameaza ao ciclo do carbono

A incorporación do lume como ferramenta na cultura humana foi un avance decisivo na evolución cultural e na transmisión de coñecemento. Tendemos a non esquencer unha idea ou un descubrimento que funcionou, así, mediante a acumulación de ideas que funcionan construímos as civilizacións que as comparten. Funcionamento planetario e ciclos. O funcionamento do planeta Terra […]

(0)

Enerxía limpa versus nuclear (3ª parte)

E se o vento traballase, para sempre, para nós….? Os mestres dos anos oitenta dicíannos que o que non fixo o pobo aínda está por facer. E se puideramos decidir sobre os modelos enerxéticos….?. Nesta terceira parte exporase cal é a marxe de manobra de actuación social a respecto do Plan eólico e cal o […]

(0)

Enerxías limpas e participación social (2ª parte)

E se puideramos decidir sobre os modelos enerxéticos…? Na primeira parte expuxen como se entendía a instalación masiva de parques eólicos a nivel social e cales podían ser as razóns dese sentimento. Nesta segunda tratarei de debullar o impacto ambiental e sobre todo socioeconómico da enerxía eólica.E se puideramos decidir sobre os modelos enerxéticos…? Na […]

(0)

Enerxía da auga e do vento (1ª parte)

E se a tecnoloxía e a ciencia traballasen para o pobo…? Durante décadas o movemento ecoloxista mundial insistiu na crítica ás enerxías sucias, e á produción enerxética nuclear, promovendo as enerxías renovábeis e sustentábeis. Mais no momento actual asistimos ao rexeitamento público diante da instalación da maioría dos parques eólicos, medio de produción de enerxías […]

(0)

Cidadanía ecolóxica, sociedade e nación

A reflexión a respecto da relación entre a individualidade social -cidadanía- e a comunidade política nun espazo aberto e ambientalmente ameazado, nunha sociedade sometida a grandes cambios e no ámbito da conformación da nosa nación, provoca moitos interrogantes aos que é preciso buscar respostas. O concepto tradicional de cidadanía alude aos dereitos e deberes individuais […]

(0)