Artigos de Alberte Souto Souto
A Europa autoritaria
Un repaso ás decisións adoptadas polas institucións europeas ao longo do transcurso desta crise amosa ben ás claras a natureza deste modelo de integración europea e reforza as críticas verquidas ao mesmo desde o nacionalismo galego. A expansión e extensión do poder do grande capital financeiro e transnacional, que foi o leit motiv de todos […]
Cando no sector financeiro os malos costumes deviron en leis
Os acontecementos dos últimos días confirman de novo, por se non estivese xa probado, que a liberalización e desregulación do sector financeiro conlevou de xeito parello o ascenso da indecencia. Cando consumimos os últimos instantes da agarda para que nos sexa entregado o certificado de defunción de “Novacaixagalicia”, recibimos novas de que os máximos responsábeis […]
A prioridade absoluta
Malia que 1 de cada 5 persoas con aptitude laboral no Estado español non ten traballo, apúrase a reforma da Constitución para que o prioritario sexa pagar os xuros e capital da débeda pública A reforma constitucional consumada logo de tan apresurado como inducido pacto entre PSOE e PP, consagra a política de contención do […]
Rumbo á soberanía fiscal
A derradeira sesión celebrada do Consello de Política Fiscal e Financeira foi precedida e sucedida dun balbordo mediático argallado polo Partido Popular cunha clara intencionalidade electoral, que con todo amosa con nitidez as secuelas do errático modelo institucional vixente no Estado español, do punto vista distribución de competencias entre os entes territoriais e do necesario […]
Reforma electoral e reparto provincial
A atención mediática prestada ao longo das últimas semanas sobre o as mobilizacións en prazas e rúas en diversas cidades, situou novamente na escena pública o debate, entre outros temas de interese, encol do sistema de representación electoral, malia a súa incompleta e deficiente formulación, esquemática e simplemente enunciativa, atendendo aos termos en que emanou […]
Regreso á inhumanidade
En 1985 o xurista alemán Günter Jakobs, no contexto dunha reflexión sobre a criminalización do estado previo a que se producise unha lesión, manifestou a necesidade de separar en caso excepcional o dereito penal do inimigo do dereito penal dos cidadáns. Porén, nese intre as súas teses non tiveron maior transcendencia. É ao remate da […]
Disciplina orzamentaria, ineficacia palmaria
Os saldos da execución orzamentaria de 2010 volven a demostrar a mala xestión do Goberno de Feixóo A medida que vai avanzando o actual periplo do Goberno de Feixóo en Galiza, tamén se vai agrandando a diferenza entre aquel candidato afouto, que coa súa batuta era capaz de facer que o país lle virase as […]
Por decisión política e a mantenta, as caixas de aforro en liquidación
O Plan de reforzamento financeiro aprobado polo Goberno central vai en contra das recomendacións dos supervisores bancarios europeos O vindeiro xoves 10 de febreiro será ratificado, con toda probabilidade, o denominado “Plan de reforzamento do sistema financeiro” no Congreso dos Deputados, ao tempo que o Banco de España dará a coñecer con exactitude os novos […]
As novas ensinanzas da FAES
A dereita española volve de novo a empregar ao ex-presidente Aznar como percusor para expor a súa idea real dun modelo de Estado asentado nun poder central, onde non ten cabida ningún asexo de descentralización ou autonomía, sequera no eido administrativo, xa non digamos no político. Aínda que correspondeu a Aznar, instituído como líder do […]
Grandes males, peores remedios
A crise financeira que nos azouta xurde despois de décadas de aplicación práctica dun modelo económico e social que gozou de enorme consenso por parte dos grandes poderes económicos, políticos e mediáticos. O neoliberalismo foi recibido a mans cheas polos gobernos dos Estados máis poderosos do mundo, e mesmo o seu programa económico e social […]