Artigos de Alberte Mera García
Un patrimonio fotográfico baixo chave
Os pobos atopan no soporte fotográfico a captura da súa realidade máis tanxíbel desde finais do século XIX e a vontade expresa de visualizar a súa historia. No noso país, o patrimonio fotográfico é un importante valor artístico, fundamental para a pervivencia da nosa memoria colectiva. Boa mostra disto é o arquivo Pacheco, actualmente paralizado […]
Realismo social, cinema e realidades
Esta semana ollei unha historia sinxela e diferente que lle sucede a uns personaxes con situacións individuais que con simbolismo funcionan como espello da realidade que vivimos. Acudín á proxección de O neno da Bicicleta (Le Gamin au vélo) que tras proxectarse en Cineuropa, exhíbese en Lugo e Vigo. Neste novo filme, os directores belgas […]
VOSG, un modelo necesario para un cinema en galego
Uns multicines galegos veñen de renovar a carteleira incorporando a versión orixinal subtitulada; un servizo demandado polos espectadores desde hai tempo. Sería unha oportunidade que se impulsase a VOSG (versión orixinal subtitulada ao galego), pois se comezaría a introducir a nosa lingua nos cinemas. Estes multicines de Vigo nada teñen que ver cos grandes estabelecementos […]
“48”, filme para a recuperación da memoria histórica
O PP ven de posicionarse contra abertura en agosto do Pazo de Meirás aludindo á inseguridade dos Franco e ao crime de Oslo, pois “a mucha gente no le cae simpática la familia Franco”. Ler esta noticia, tras regresar da festa do Avante! onde o espírito de Abril une a milleiros de asistentes, fíxome lembrar […]
Que lástima de bois
“Que lástima de bois” titulaba Castelao a estampa do album Nós, coa que ilustraba a incomprensión dos galegos ante o sufrimento deste animal coma reclamo festivo. Unha lámina que as mozas e os mozos nacionalistas veñen de recuperar neste mes para rexeitar as touradas. Coa chegada do mes de agosto multiplícanse en todo o País […]
Un circuíto cinematográfico imprescindíbel
Todos vós sodes capitáns proxéctase esta semana nos cinemas de Compostela, un salto á pantalla comercial conseguido en boa parte grazas á divulgación e éxito logrados polo filme no circuíto de exhibición alternativo configurado polos festivais cinematográficos. O filme de autor galego logra adentrarse nas grandes salas. Despois de exhibirse en Vigo continúa o percorrido […]