Artigos de Alberte Branco Casal

Perfil do colaborador
Outras colaboracións

Reflexión

Os resultados das últimas eleccións municipais produciron unha importante reconfiguración do mapa político galego e as forzas emerxentes, na súas distintas e variadas versións, continuaron o seu ascenso e consolidación no electorado urbano, se ben a colleita electoral foi desigual froito dun arraigo territorial enormemente reducido, claramente localizado nalgunhas das cidades e algunhas vilas medias. […]

(0)

Leccións e consecuencias da crise siria

Dicía nun artigo anterior que as contradicións e vaivéns en política internacional no seo da Administración Obama ían ser habituais como consecuencia da irrupción na esfera mundial de novas potencias económicas e militares como China e a Federación Rusa. Os últimos movementos de Estados Unidos e os seus aliados no conflito sirio con ocasión dun […]

(0)

Algunhas claves sobre as convulsións no mundo árabe

Entre finais de 2010 e xaneiro de 2011 daban comezo amplas mobilizacións populares en varios países do norte de África denominadas xenericamente pola prensa occidental como “primavera árabe”. Ao parecer o detonante destas mobilizacións, nalgúns casos, fora o alto desemprego e a carestía dos alimentos básicos (Tunicia e Exipto), pero noutros, como por exemplo en […]

(0)

Caos, casualidades e certezas

Na Italia, durante un longo período que abrangueu toda a década dos setenta do pasado século, coincidindo coa continua ascensión electoral do Partido Comunista Italiano (PCI), consolidándose como segunda forza (34,4% dos votos en 1976) e coa posibilidade real de acceder ao goberno, desencadeouse un longo período de violencia e inestabilidade política que sacudiu a […]

(0)

A oportunidade

Esgrimiuse durante a pasada campaña electoral, como recurso retórico, o mito de David e Goliath para ilustrar a situación de extremo desequilibrio de forzas en que se vía obrigado a batallar o BNG. A dimensión da derrota sufrida certificou que o símil resultara superado pola crúa realidade: daquela este David galaico nin sequera tiña unha […]

(0)

Globalización, neolingua e falsos culpables

A actual ofensiva neoliberal está nun punto crítico. A sinarquía mundial que a dirixe, e os seus obedientes acólitos rexionais, saben que non hai volta atrás: ou gañan agora esa batalla estratéxica a prol da Nova Orde Mundial ou o seu fracaso anunciará o declive inevitable do paraíso capitalista internacional que os sustenta. Nesta guerra […]

(0)

A Primeira Guerra Económica da Globalización

Esta política lévase aplicando dende o 2010 (polos sucesivos gobernos do PSOE e PP) cunha longa serie de medidas antisociais Moitos cidadáns se preguntan por que as continuas medidas de “recortes “ que está aplicando Rajoy, seguindo os consellos de Merkel e da Comisión Europea, e que segundo o goberno son as adecuadas para resolver […]

(0)

O fracaso do pensamento débil

Coincidindo co inicio da contraofensiva neoliberal, no último cuarto do século pasado (hoxe está intentando apremar os últimos parafusos), xorde unha nova filosofía -a posmodernidade- que se caracteriza polo individualismo, a falla de compromiso no ámbito social, a posta do acento nas cuestións formais e o uso do nihilismo, o relativismo e a hermenéutica como […]

(0)

Despois da resaca electoral

Os media españois, de forma unánime, resaltaron en grandes titulares a granvitoria do PP e a desfeita dos socialistas dando a entender que se producira un gran corremento de votos cara o partido da dereita española. En realidade, a verdade sobre o acontecido afástase dese cadro que pinta un descomunal incremento do apoio dos cidadáns […]

(0)

Outra vez os incendios

Nun país como o noso -con dous millóns de hectáreas de superficie forestal e cunha produción madeireira que representa entre o 50-55% da produción estatal, xunto a unha puxante economía vinculada ao pastoreo, a gandaría extensiva e a caza, ademais do seu intrínseco valor paisaxístico e ambiental- o sector forestal debería ter a condición de […]

(0)