Artigos de Alberte Ansede Estraviz
Quen debe elixir o candidato ou a candidata do BNG?
No debate aberto no BNG de cara á celebración da súa Asemblea Nacional tense proposto que o seu candidato ou candidata á Presidencia da Xunta se faga por parte do conxunto da sociedade galega como un xeito de “abrir o BNG á sociedade”. É difícil non estar de acordo co principio de que o BNG, […]
Dan comezo as obras da Casa Museo Manuel María
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos acaba de contratar a primeira fase das obras de acondicionamento da casa natal de Manuel María en Outeiro de Rei para convertela en Casa Museo do noso grande poeta. A casa xa fora adquirida pola Fundación hai arredor dun ano, mais por estar ocupada polos familiares do escritor, […]
Restaurar a imaxe de nós
Reconforta ver como, dentro dun océano de dificultades a sociedade galega aínda está viva e con capacidade de resposta. Nun momento no que as institucións que teñen entre as súas obrigas legais a promoción do galego nos medios de comunicación procuran con todo descaro a súa desaparición; nun País no que os grupos económicos actuantes […]
Os paraísos, de existiren, hai que gañalos
A presenza do Papa nestes últimos días xerou un despregue informativo, tanto dos medios públicos coma privados, que fixo que non pasase desapercibido para ninguén e mesmo se convertese en tema de conversa habitual nos máis diversos ambientes. Aínda que, aparentemente ¡pasado o día, pasou a romaría!, a nós suxeriunos esta breve reflexión sobre a […]
Diante da nova Asemblea Nacional do BNG
As últimas citas asembleares do BNG son seguidas con grande interese polo conxunto da militancia nacionalista animada polo debate interno que suscitan. Ademais, este debate ten sido recollido profusamente polos medios de comunicación que se mostran máis interesados en reflectir os puntos de vista encontrados que en informar das propostas políticas concretas cara a sociedade. […]
Crise económica e resultados electorais nas cidades
A variada casuística de resultados que sempre se presenta nunhas eleccións municipais fai que a diversidade de valoracións sexa tamén maior pois é mais doado botar man de datos concretos que avalen un argumento xeral onde se constitúe en categoría o que non é mais que unha casuística. Coido, non obstante, que teremos bastante coincidencia […]
Maio lingüístico e cultural: rito, rogativa, festa, roga?
Tradicionalmente arredor do mes de maio celébranse numerosas actividades por toda Galiza dirixidas a coñecer a nosa cultura nacional ou local e particularmente centradas na figura de quen se lle dedica o Día das Letras no ano correspondente. Así mesmo, é o tempo no que a reivindicación lingüística se exterioriza con manifestacións públicas nacionais ou […]
Maxicamente vello, eternamente novo
Non pretendo darvos a miña opinión sobre o resultado deste traballo musical de Roi Casal no que se refire ás bondades das letras das nove pezas que integran o disco, nin das súas composicións músicais ou da súa execución. Sería un acto temerario pois son un completo profano. Os meus particulares gostos non están orientados […]
A saída da crise e a recentralización do Estado
A pouco que teñamos presente o devalar do proceso político español desde o fin da ditadura franquista, podemos observar como os momentos de maior ataque ao nacionalismo e as tentativas recentralizadoras do Estado coinciden coa merma na calidade democrática e o incremento no ataque ás conquistas das clases populares. O momento actual non é excepción, […]
“Galiza”, un novo libro inédito de Manuel María
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos vén de publicar en coidadísima edición unha nova obra inédita de Manuel María que leva o emblemático título de Galiza e que resulta un aconsellábel agasallo nestas datas, sexa para adultos ou escolares. O novo libro vén a engadirse a “Cecais hai unha luz” dentro do traballo que […]