Artigos de Alba María Feixóo López
“Sobre a liberdade” e máis algunha cousa
Das e dos sentinelas non remunerados do capitalismo, máis ou menos descubertos, máis ou menos inconscientes, máis ou menos culpábeis, arredor da xornada de Folga Xeral. A xornada de loita do pasado vinte e nove de setembro, día da Folga Xeral foi, sen dúbida ningunha, unha manifestación de autoestima colectiva, que mesmo superou e foi […]
Só unha reflexión desde a Limia
Ás ovellas, que tan bonitiñas me pareceron sempre, seguramente porque nunca tiven que ir con elas. Inda coas maniotas e o cansazo que á militancia de Galiza Nova nos deixou o festexo e o traballo deste Festigal, e mais tamén co regusto da dignidade e da esperanza no futuro de Galiza, xorden inevitabelmente pequenas reflexións […]
Menos mal que nos paríu Rosalía!
O nacionalismo galego pódese gabar dunha superior categoría na escala na perfeición epistemolóxica, porque supera as contradicións máis fondamente enquistadas noutras ideoloxías autodenominadas revolucionarias, moitas delas hoxe tan en voga. E isto é posíbel porque o nacionalismo galego é desacomplexadamente feminista. Na actualidade, e principalmente no eido xeográfico europeo, e no campo pseudo-intelectual do europeísmo, […]
Os infinitos discursos do “Falso Feminismo”
Por se non foren suficientes os máis burdos desafíos frontais ao sentido e contido da loita feminista: estes da belixerancia, da negación máis chea de zunia ou cecais de medo, os máis próximos á misoxinia propriamente dita, as mulleres vivimos -non sei se como fenómeno de nova xeración ou se xa se coñecen prácticas antergas […]