Artigos de Adolfo De Abel Vilela
O concurso para destinar o cuartel de San Fernando de Lugo para centro de romanización
No mes de marzo escribía sobre o novo destino do Cuartel de San Fernando de Lugo, que logo de se salvar da destrución parcial ao querer incrustar nel outro edificio para destinalo a un auditorio, a intervención de ICOMOS fixo que se desistise de tal aberración, que no seu momento denunciamos algúns particulares e colectivos […]
A muralla de Lugo cumple 10 anos como patrimonio da humanidade
Un ben declarado Patrimonio da Humanidade, é un sitio específico que foi incluído na lista que elabora o Comité do Patrimonio da Humanidade da Unesco composto por 21 estados que son elixidos pola Asemblea Xeral de Estados Membros. Até o ano 2009, a lista tiña un total de 890 sitios declarados en 148 estados membros, […]
O potencial arqueolóxico de Lugo
Para o ano que vén, cúmprense 25 anos do inicio de escavacións sistemáticas na cidade de Lugo que comezaron no ano 1986 debido á construción de tres aparcadoiros. A Xunta e o Concello ditaron normas que obrigan a escavar antes de dar licencia para unha obra no recinto histórico e nunha área do contorno da […]
A muralla de Lugo na Idade Contemporánea
Con este artigo remato a miña visión como historiador e como lucense da muralla romana de Lugo que fixen en catro artigos a petición dun lector que quería saber algo máis sobre este monumento que aínda hoxe segue impresionando pola súa fortaleza como construción, pois ten máis de mil setecentos anos, e sobre todo por […]
A muralla de Lugo na idade moderna
Para que os lectores teñan unha idea máis concreta do que foi e é a muralla romana de Lugo, un edificio con máis de 1700 anos de existencia, e xa que logo de historia, declarada ben Patrimonio da Humanidade, imos falar hoxe do período comprendido entre nos séculos XVI ao XVIII. Co levantamento irmandiño de […]
A muralla de Lugo da idade media
Na Alta Idade Media temos moi poucas noticias certas e algunhas referencias indirectas. O primeiro documento que cita a muralla é un epígrafe, o coñecido como Acróstico de Odoario, do último terzo do século VIII, posiblemente o seu epitafio sepulcral, que referíndose ao bispo restaurador da cidade e diocese, di que estaba asentado na soada […]
A muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade
Pedíronme que falase da Muralla de Lugo, aínda que non é posible resumir nun artigo 1.700 anos de historia. Non en tanto tratarei de dar unha breve información sobre as súas características máis destacadas. O Bureau do Patrimonio Mundial da Unesco, reunido en París no mes de xuño de 2000, cualificou a candidatura da Muralla […]
A Pérgola do Parque de Rosalía de Castro en Lugo
A Pérgola de parque de Rosalía de Castro de Lugo foi restaurada no ano 2007, pola arquitecta Luísa Serrano García e o arquitecto técnico da empresa RESCONSA Xosé López Fernández. Foi unha intervención que en principio non entendida o público por que se pintaba de cor azul añil. O mérito desta arquitectura está en que […]
Recuperado un retablo de Domingo Antonio de Andrade
O convento da Purísima Concepción de Agostiñas Recoletas de Lugo, foi fundado por don Juan de Valcarce e Prado, cardeal dignidade e cóengo na catedral de Santiago; o seu curmán, o doutor don Francisco de Valcarce e Prado, xuíz de apelacións da real audiencia das illas de Canaria, alférez maior e rexedor perpetuo da cidade […]
O cuartel de San Fernando de Lugo
No mes de abril termina o prazo do concurso de ideas aberto pola Consellería de Cultura e Turismo para instalar no Cuartel de San Fernando de Lugo o Centro de Interpretación e Museo da Romanización en Galicia, dentro da Rede de Patrimonio Arqueolóxico. O edificio reúne condicións para destinalo a esta función dado que se […]