Artigos de Adolfo De Abel Vilela

Perfil do colaborador
Outras colaboracións

O estrago da Fonte de San Vicente en Lugo

O pasado 17 de decembro, foi derribada a estatua de San Vicente que coroaba a fonte que desde 1754 preside a Praza do Campo de Lugo, no cerne do espazo urbano medieval e barroco. É ese un recuncho típico que teñen todas as cidades onde se retratan os turistas e que non hai pintor, debuxante […]

(0)

Unha sentenza que dá carta branca para que a Xunta deseñe Camiños de Santiago á carta

Entre os moitos perigos que axexan ao patrimonio histórico e cultural, hai dous desgraciadamente inevitables que son os políticos ignorantes e os funcionarios transformados en burócratas. Nunha democracia os que ocupan cargos públicos para desenvolver unha función ou se elixen democraticamente ou son designados ou elixidos por outros políticos. Aínda que se adoita dicir coa […]

(0)

Denuncia a ICOMOS polas obras que a Xunta desenvolve nos Camiños Norte e Primitivo de Santiago

Aínda que pareza inconcibible a experiencia e os feitos evidencian que o peor inimigo do patrimonio cultural son algunhas administracións públicas ás que as leis responsabilizan da súa protección, un contrasentido escandaloso, pero real. A súa actuación pódese resumir en manga ancha para as obras que promoven e “pau e tente teso” co particular, para […]

(0)

30 anos de escavacións en Lugo

Este ano cúmprense 30 anos do inicio de escavacións arqueolóxicas na cidade de Lugo. En 1986 o Concello decidiu facer tres aparcadoiros subterráneos, dous dentro do recinto amurallado, e un no exterior pero próximo á muralla. Parece que a ninguén se lle ocorreu de que sería inevitable que aparecesen restos arqueolóxicos. Nas actas municipais hai […]

(0)

O Auditorio de Lugo

Lugo é unha cidade cun rico movemento cultural, moitas e variadas asociacións de todo tipo, pero cunha infraestructura cultural moi pobre, que na última década foi mellorando. Un auditorio feito a finais dos oitenta aproveitando un almacén da antiga factoría de FRIGSA, con capacidade para uns mil espectadores, tres salas de exposicións dependentes da Deputación […]

(0)

Topamos coa igrexa

Todas as relixións son poliédricas, teñen varios niveis de consideración por parte dos que as practican. O primeiro deles debía de ser o espiritual xa que parece que é o seu fin último. O segundo é a súa ampla vertente cultural xa que fai achegas a diversas ciencias que estudan algunhas das súas facetas, como […]

(0)

A voltas co camiño primitivo

Quero en primeiro lugar dicir que non son experto dos camiños de Santiago, senón máis ben un curioso no tema e moderado practicante destas rotas históricas. Fixen en ocasións varios tramos do Camiño Norte, do Primitivo e do Francés ata chegar á confluencia de todos en Arzúa. Si podo dicir que estudiei e reconstruín o […]

(0)

Que vivan os noivos

¿Tempos de cambio en todo? O tempo o dirá, aínda que parece que algo se move tanto nos ambientes máis conservadores da política como da Igrexa. Dous exemplos en dous titulares de xornais. O 19 de setembro líase o seguinte en El País: “Rajoy y la cúpula del PP festejan el matrimonio homosexual de Maroto” […]

(0)

E logo ¿Deus non entende o galego?

O día 9 de xullo celebrouse unha misa na catedral de Lugo oficiada polo bispo e concelebrada por varios cóengos e sacerdotes da diocese, para festexar a declaración do Camiño Primitivo, e tamén a Catedral, como Patrimonio da Humanidade. Aínda que a misa era a que habitualmente se celebra nos chamados Xoves Eucarísticos, polo feito […]

(0)

Relixión, tradición e política

Aínda que a relixión desde o punto de vista institucional ten a súa política, e a política para moitos se converte nunha relixión, neste caso o titular obedece a certos rozamentos que xurdiron con algúns dos novos alcaldes derivados da distinta cor que adquiriron os concellos da sete antigas capitais do Reino de Galicia en […]

(0)