Artigos de Adolfo De Abel Vilela
Cadávares políticos
As chamadas maquinarias dos partidos políticos son sorprendentes e en ocasións milagreiras. No seu día Pedro Sánchez foi defenestrado como secretario xeral do PSOE pola executiva e nun plis plas convertérono nun cadáver político. Pero o morto resistiuse e decidiu presentarse ás primarias. Cando viron que intentaba resucitar, os baróns e xarróns chineses intentaron rematalo […]
Ética e demagoxia
Os inesperados acontecementos políticos ocorridos hai un mes, sitúannos nunha percepción diferente do tempo. Acostumados á parsimonia coa que Rajoy contemplaba o devir da súa historia, sen afrontar os problemas (algúns turiferarios á apatía do presidente chamábanlle “control de los tiempos”) agardando a que se arranxasen pola vía natural da putrefacción, colleunos descolocados pois de […]
A coartada da tradición
A Semana Santa española naceu como manifestación da fe nunha crenza e como espectáculo, pero hoxe prima máis o segundo que o primeiro. E un ano máis algún dos desfiles procesionais volveron a suscitar opinións dispares porque, como é lóxico, as motivacións e os pareceres teñen unha orixe diversa. Neste caso conflúen, por unha banda, […]
Plurilingües e monolingües
Teño claro que ao PP non lle interesa resolver a cuestión catalana, porque si tivese intención non botaría máis gasolina ao lume que presuntamente quere apagar. Estamos ante o caso do bombeiro pirómano. Rajoy e o seu Goberno pretenden acabar coa inmersión lingüística en Cataluña e prometeron un 25% de castelán no ensino. O pretexto […]
Fondos e plans de pensións ou lata das galletas?
O 7 de maio de 2016 celebrou en Lugo a XXX reunión anual a Sociedade Galega de Neuroloxía. Para que todas as intervencións non fosen só relacionadas coa súa materia invitáronme a que lles dese unha charla sobre “Lvcvs Avgvsti e a importancia militar dá muralla”. En contraprestación tiveron a amabilidade de invitarme a comer, […]
O catalán ¿un problema político ou xudicial?
¿Que estaría pasando agora si en lugar de estar Rajoy na Moncloa estivese Pedro Sánchez? Si o PP sacou á rúa a militancia para recoller sinaturas contra o estatut, e contra Cataluña segundo dixo unha señora na televisión, ¿que estarían facendo hoxe ao ver quebrada a unidade da Nación Española, “patria común e indivisible de […]
Unha sociedade de camareiros
Finalizado o mes de agosto, e en teoría terminado o veraneo, empézanse a facer as contas e o triunfalismo dos gobernantes é humillante. En Galicia entre xuño e xullo houbo máis de 57.000 contratos na hostalería, dos que 28.500 correspondían a mozos. Son contratos para camareiros, cociñeiros e axudantes. E a pregunta que se impón […]
Galicia e a explotación dos recursos turísticos
Agora que estamos en período vacacional é oportuno falar dalgunhas cuestións relacionadas co turismo. Galicia conta con dous medios naturais como son a costa, cantábrica e atlántica, coas Rías Altas e as Rías Baixas, e a montaña, así como cun enorme número de recursos patrimoniais como, son castros, igrexas, mosteiros, catedrais, castelos e fortalezas, núcleos […]
Da árbore á cadeira
Unha vez máis, e para contribuír á amortización do complexo da Cidade da Cultura, fun visitar a exposición “Da árbore á cadeira”, que estará aberta ata o 5 de novembro no mal chamado “Museo”. Tres cousas me chamaron a atención nesta nova visita. Primeiro que para chegar ao tal “museo” hai que circular por un […]
Unha sociedade muda, unha mocidade sen futuro
A mocidade non ten futuro, pero tampouco os traballadores e os xubilados. Parece que os únicos que o teñen son algúns dos que se dedican á política, cuxos soldos, malia que din que son baixos, resultan os duns privilexiados si os comparamos cos dos demais, e para quen vai todo “vento en popa” para a […]