Francisco Graña

Alto Perú e Baixo Perú, tempo de descolonización

Artigos relacionados Crise no Brasil Cinquenta Anos de Guerras Imperiais: Resultados e Perspectivas Entrevista a Francisco Carballo na revista Terra e Tempo

23 Marzo, 2023 Listaxe de artigos do colaborador 935 Leituras
(6)
Autor de la imagen

A diferencia  dos Antigos Imperios, en xeral de carácter pacífico, baseados  na construción e mantemento de grandes obras de regadio, os Imperios que se formaron a partir da Idade de Ferro no ámbito europeo e mediterráneo desenvolvèronse coa guerra, as conquistas e o colonialismo, Hoxe as colonias existentes, coas súas diversas e complexas variantes, constitúen o soporte socioeconómico, político e militar principal do Imperialismo capitalista grazas aos recursos obtidos co saqueo dos países que domina e oprime, sendo os paises soberanos e independentes o perigo principal para a continuidade do derradeiro Imperialismo Global Unipolar.

Na conquista española de América, o entón Imperio feudal hispánico interven apoiado polo  Papado de Roma na liquidación violenta do Imperio pagan incaico. A Coroa española estableceu dous virreinatos nas terras conquistadas. O Virreinato do Perú sobre as ruinas do Imperio Inca e o Virreinato de Nueva España por riba das do Imperio Azteca en México, Ainda hoxe estes territorios manteñen entre eles unha relación especial de solidariedade, debida sen dúbida, ao haber compartido unha unidade administrativa no seu pasado colonial.

A Coroa española permaneceu trescentos anos no Perú. Despois foi substituída pola República Independente durante douscentos anos, xa dentro da órbita europea e estadouniedense. Na  loita do Perú pola independencia do Imperio Español participou a totalidade dos seus habitantes, salvo os servidores do Virreinato (os realistas), dende a minoria crioula descendente  dos invasores españoles ata os pobos e nacións orixinarios que constituían a inmensa maioria; mais foron os crioulos os que se aproveitaron desta circunstancia erixíndose nos exclusivos herdeiros da Coroa española armando un aparello estatal onde concentraron todo o poder político,económico emilitar ao marxe e por riba dos autóctonos.

Na faixa andina os ocupantes europeos desde o comezo sempre foron unha minoria. Con posterioridade,esta foi engrosada con xentes  procedentes das cloacas do Imperio Español e do Occidente colonialista europeo, que arribaron ao continente americano na procura de ouro, prata e outros metais preciosos ,e o saqueo das  comunidades autóctonas.

A Igrexa Católica do Papado de Roma que acompañou a conquista española, foi esencial para o amansamento das nacións e pobos conquistados, cuxas crenzas foron subordinadas acomodándose a Relixión dos conquistadores. O descoñecemento por estes do ferro e da pólvora, entre outras armas, asociadas coa cruz e a espada, foron o factor determinante para o asoballamento e despoxo da súa cultura ancestral chea de coñecementos que por culpa dos conquistadores xa se perderon cicais, para sempre.  Así díxese do español que era considerado “metade monxe e metade soldado”.

Amais a Igrexa Católica non vacilou en fomentar masivamente o mestizaxe dos españoles coa poboación autóctona, a diferencia do acontecido con posterioridade no Norte, onde os amerindios foron exterminados polos ocupantes anglosaxóns inmigrantes, para que puideran  ocupar as súas fértiles terras do Norte coa poboación sobrante europea expropiada e expulsada pola industrialización capitalista no Occidente, onde os labregos ingleses foron substituidos polas ovellas para a industria textil do Imperio Británico Tamén foi introducido no continente americano  o traballo esclavo produto das cazarias  imperialistas de xentes africanas para traballar na minería ,e nas plantacións de algodón dos terratenentes brancos do Sul, do Norte americano.

Os  levantamentos dos pobos orixinarios andinos foron constantes na colonia do Virreinato do Perú, e despois coa República do Perú, xa independente de España, foron o preludio dun movemento de liberación nacional. Tamén houbo algún intento falido de unir nun só Pais o Alto Perú e o Baixo Perú(Bolivia),mais ata hoxe non foi posíbel. Dende o levantamento de Tupac Amaru e doutros moitos lideres incaicos sublevados fronte a criminal opresión dos conquistadores e dos seus herdeiros crioulos, onde a ideoloxía xogou un rol  preponderante, sementouse un proceso revolucionario protagonizado polos pobos de ascendencia incaica, quechuas, aimaras,e outros moitos ata cincuenta ou máis.

Este conflitivo proceso peruano enxértase unha longa marcha pola descolonización do Perú e dos paises andinos. No caso de Perú confrontado a un Estado republicano articulado pola minoría crioula elitista que controla as finanzas, os aparellos militares,xudiciaís,económicos, culturaís…e a producción e distribución da cocaína en asociación coa DEA estadounidense. As diferencias de riqueza entre a oligarquía protexida polo imperialismo ianqui e o pobo son inmensas . Esta  nova oligarquía que substitíu con éxito á hispana, réxese por un réxime liberal (hoxe neoliberal), que desde o centro de Lima onde reside, extrae o plusproduto á maioria social inter clasista  formada polos orixinarios que malviven no tertitorio peruano, especialmente no Sur do Alto Perú,  controlados,administrados e excluídos polas institucións xurídico politicas, Parlamento,Congreso e Cúpulas políticas dos partidos que se suceden no Poder Neocolonial.

A organización social dos pobos andinos segue a manter a fortaleza das súas comunidades de base ata o presente, (a diferencia do Occidente onde foron individualizadas e disoltas para facer viábel a acumulacion e as relación salariais capitalistas). Dende estas comunidades locais erguen as súas asociacións e representacións, coma os concellos elixindo os seus gobernantes e líderes, que se confrontan cos poderes centrais afincados na Capital limeña, onde reside a minoria adinerada e as institucións ao seu servizo. O Réxime de Partidos políticos non logrou ata agora, o seu cometido  de cambio politico e pacificación dos pobos orixinarios. O marxista peruano Mariátegui ao final concluíu, que sen o protagonismo do pobo orixinario non é posible unha democracia no Perú. Tanto as correntes políticas exclusivistas coma o Fujimorismo e noutro extremo Sendero Luminoso, só ser       viron para fortalecer a ditadura elitista no monopolio dun Poder Racista e antipopular.

Na actualidae o Golpe e destitución do Presìdente Castillo, substitído co nomeamento pola élite da súa Vicepresidenta Dina Baluarte do mesmo partido político, mostra con clareza a función dos órganos parlamentarios e os partidos políticos, xa desacreditados ao límite, ante o pobo. A raiz destes feitos as últimas mobilizacións, cos aimaras e quechuas a cabeza, reproducen o mesmo proceso de levantamentos iniciado nos tempos de  Tupac Amaru, ainda coa Coroa española, pero  que xa acadan uns cambios calitativos,  que non se limitan as reivindicacións por melloras económicas, pois amais esixen que sexan os pobos orixinarios e achegados quen gobernen colectivamente  o Pais , non os cartos, partidos políticos nin instrumentos políticos e económicos, en xeral, impostos pola colonización occidental.

As presentes mobilizacións populares pacíficas que alcanzaron a todo o pobo do Perú, lideradas pola nacións orixinarias, son inéditas pola súa extensión e duración, pois xa levan sen pausa  varios meses nas rúas e camiños, a pesar de ser agredidas pola forza armada da élite usurpadora  e reprimidas  con varias decenas de mortes e , o Imperialismo Unipolar que non cesa.

Este é sen dúbida un proceso revolucionario , se cadra máis profundo que os acontecidos no Occidente, porque con todo o exceso de heroísmo e sacrificio dos seus suxeitos protagonistas occidentaís nunca pasaron de ser mudanzas superficiaís , en todo caso, incompletas e parcíais,que remataron, ata hoxe, baixo o liderato  doutras minorías oportunistas no seu beneficio que finalmente levaron ao Imperialismo capitalista.. Pola contra, a descolonización activa, pondo por riba a Soberania e a Solidariedade dos Pobos ataca a fondo as bases da civilización capitalista, concibida coma   conquista e colonización imperialista.

(6)
0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados