Alén do derradeiro Imperio Unipolar

Alén do derradeiro Imperio Unipolar

Con certeza, vivimos nunha transición cara a un mundo multipolar, mais non podemos afirmar que sexa posible o fin do Imperialismo sen unha Revolución Social,  e coma moito asistimos ao remate do derradeiro Imperio Global Unipolar.

Así, o Imperialismo e o capitalismo con toda probabilidade, van continuar a súa existencia como antesala da Revolución Social anticapitalista, en tanto o capitalismo non sexa ultrapasado coa quebra e disolución da oligarquia privada financeira globalista, e un sólido asentamento dunha Democracia popular na maioría das Nacións, con independencia das tentativas falidas que se sucedan  desde cada espazo nacional, alimentadas polo desenvolvemento da conciencia patriótica e de clase en todos os ámbitos. Só coa súa saturación pode iniciarse unha transición socialista sobre a base dunha tecnoloxia produtiva axeitada as necesidades dos pobos e fusionada dun xeito amigábel coa Natureza.

Nos tempos da I Internacional, xa quedou demostrado coa Comuna de Paris a necesidade de abarcar o espazo nacional e contar cun aparello de  Estado como aspectos principais dunha Revolución proletaria. Coa Revolución Bolxevique de 1917 en Rusia e ante o incremento a escala mundial das revolucións de liberación nacional, debido as inevitábels e crecentes agresións do Imperialismo, transitamos sobre unha serie de intentos para derrotar o Poder da burguesía e do Imperialismo capitalista vinculados en cada espazo nacional. E aínda que estas resulten finalmente falidas, na totalidade ou en parte, sempre teñen un carácter acumulativo e singular para impulsar  un cambio cualitativo nas sociedades e, xa que logo, constituiron unha etapa necesaria da prehistoria do proceso de transición socialista a escala mundial.

Con posterioridade ao falido Estado soviético, e máis adiante co Imperio  Unipolar estadounidense, arestora coa súa decadencia só resta o núcleo duro de EEUU e Inglaterra que xunto aos seus Países lacaios occidentaís, eríxense nos defensores do vello Orde Imperial dispostos a utilización  de todos os medios a súa disposición, incluíndo as armas químicas,biolóxicas e nucleares,  co que agudízanse as contradicións antagónicas cos cada vez máis numerosos Paises que se opoñen ao seo saqueo exercido pola ditadura capitalista, totalitaria e terrorista, en favor da concentración e centralización da produción e as finanzas nas corporacións privadas capitalistas.    

A maioría da clase traballadora dos Paises do Centro Imperialista dirixidos polos herdeiros da II Internacional socialdemócrata conciliadora, foi manipulada para renunciar ao seu  Poder e constituírse no apoio social da burguesía imperialista dos seus Paises so a Orde Global, converténdose nunha aristocracia social coas superganancias obtidas dos paises colonizados no exterior, que sumadas a plusvalía da súa propia explotación permítelles sobornar a súa conciencia de clase e allear a súa Patria, para servir coma mercenarios e mercenarias so outras bandeiras de clase, ata desembocar na formación de Estados e organizacións nazi-fascistas alternativas ou complementarias  aos Estados burgueses parlamentarios, e así facer cumprir as reglas ditadas pola élite Global, coa violencia terrorista e o recurso ao xenocidio para o mantemento anti histórico e perpetuo da Orde Imperial capitalista.

Así, a loita antiimperialista dos pobos oprimidos e colonizados se converte na contradición principal que os fai avanzar en cada Pais cara a Independencia e Soberania, coas súas particularidades nacionais so o desenvolvemento das súas contradicións internas que promoven a Revolución Social en cada Nación.  

En todas as sociedades cun pasado revolucionario de liberacón nacional e con poderes estatais xurdidos, concluídos ou superados,  permanecen nalgunha medida elementos herdados deses eventos  condicionando o presente das sociedades posrevolucionarias, que enriquecen o acervo do proceso revolucionario histórico mundial, de cara a superación do Imperialismo capitalista. Non é posible rematar coas élites subalternas do Imperialismo de cada Pais e, xa que logo, coa opresión e explotación dos pobos,  pois só pode conseguirse dende o nacionalismo e a descolonización antiimperialistas.

Se comparamos por separado a evolución das sumas globais de valor patrimonial do espazo Unipolar e Multipolar na actualidade, observamos que esta relación nos sinala con clareza unha tendencia en favor da propiedade pública, en detrimento das privadas da élite globalista imperialista. Isto significa unha crecente concentración e centralización dos recursos económicos e financeiros nas mans dos Gobernos posrevolucionarios máis os Soberanos e Independentes, ao marxe da súa xestón democrática. A continuidade desta tendencia motiva que o Poder económico das élites imperialistas supranacionaís deixan de ser preponderantes , sentando as bases dun proceso transformador cara a un novo Orde Mundial non capitalista.

A Revolución social non é un evento único internacional, non pode selo, ao marxe das inimitábels Revolucións nacionalistas antiimperialistas de cada Pais. A diversidade de forzas políticas globalistas desde a ultradereita,dereita e a esquerda, xunto coa esquerda da II Internacional e outras, algunhas agrupadas na IV Internacional e herdeiros da III Internacional, atacan con saña  e teimosía todo movemento de liberación nacional por moi pluralista que sexa, pero que non controlan  a través dos seus amos da burguesía global terrorista, esa é a clave!. Estas correntes políticas contrarias ao Antiimperialismo e liberación dos pobos e Nacións, esgrimen espúrios argumentos ideoloxicistas con enderezos nas falsas bandeiras do internacionalismo proletario e da Paz Social , fronte a todo fundamento transformador baseado nas categorias dialécticas da unidade e loita de contrarios, dos cambios cuantitativos en cualitativos, da  negación da negación nas revolucións falidas... pero en vano, ao disimular e non recoñecer a teimuda realidade do Imperialismo capitalista con data de caducidade, e como antesala do proceso revolucionario mundial inzado de liberacións sociais e nacionaís.