Alfredo López Ferández

A resposta do consello das candorcas

O consello das candorcas reunido en pleno e contando con representación das candorcas Tipo A: residentes, transeúntes e oceánicas. Tipo B e C: antárticas e sub-antárticas e as neocelandesas. Tipo D, chegadas de todos os mares e océanos do planeta, en base á convocatoria realizada en tempo e forma, declara: 1º- Un minuto de silencio […]

20 Setembro, 2020 Listaxe de artigos do colaborador 87 Leituras
(0)

O consello das candorcas reunido en pleno e contando con representación das candorcas Tipo A: residentes, transeúntes e oceánicas. Tipo B e C: antárticas e sub-antárticas e as neocelandesas. Tipo D, chegadas de todos os mares e océanos do planeta, en base á convocatoria realizada en tempo e forma, declara:

1º- Un minuto de silencio polo membro do consello ausente e falecido a causa das feridas de disparo na pesqueira do Atlántico Norte. Rematado o acto de homenaxe reanúdase a sesión.

2º- Fartas de habitar un océano plagado de humanos no que se están a notar irrevesiblemente as pegadas do cambio planetario causado polo efecto invernadoiro por mor do aumento do CO2 atmosférico.

3º- Cansas de que se nos roube aos nosos fillos para condealos de por vida en acuarios.

4º- Famentas por ter diminuído ata límites insospeitables os recursos pesqueiros.

5º-Enfermas a causa de microorganismos de procedencia terrestre debido ao deficiente saneamento.

6º- Acosadas por embarcacións cargadas de riseiras figuras que crean falsos soños cos nosos peores pesadelos.

7º- Chegando ao límite da subsistencia e comprendendo que o límite planetario foi xa superado.

8º- Decidimos pasar á ofensiva estudando os artiluxios humanos mariños, o seu funcionamento, limitacións e vulnerabilidade.

9º- Abriremos unha oficina na ONU para a negociación do reparto oceánico e nomearemos unha comisión para elaborar un decálogo como ultimatum á humanidade.

10º- Aos 101 días da última advertencia pasaremos á acción con todas as consecuencias.
Estaba imitando unha fábula de Esopo, ou….. talvez non?

(0)
0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados