08:05 Mércores, 15 de Xullo de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

Homenaxe Nacional a Castelao en Rianxo

Rianxo, 7 Xaneiro de 2011. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou pola mañá no acto en homenaxe a Castelao en Rianxo, no ano en que se cumpren 125 anos do seu nacemento. Neste acto, o líder nacionalista lembrou que en maio deste ano se celebran eleccións municipais e asegurou que o BNG "é a garantía fronte ao PP, o éxito do BNG é a chave o fracaso do PP" e por iso convidou a todos e todas a participar na campaña electoral que se aproxima.

Inauguración do monumento a Carvalho Calero

Presentou Margarida Martins, da F. Meendinho, entidade promotora, e interviron membros das tres universidades galegas; falou tamén o presidente da AGLP, José Martinho Montero Santalha; o presidente da ASPGP, José Paz Rodriguez; o presidente da AGAL, Valentim Rodrigues Fagim; a CIG, represenada por Ramiro Oubiña; e Mª Victória Carvalho Calero Ramos , representando á familia do homenaxeado. Por parte do Concello de Santiago acode a concelleira de normalización lingüística e a de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos. O monumento é de Xosé Molares

Homenaxe ás vítimas do franquismo 2010. Illa de San Simón

O 18 de xullo de 2010, as Asociacións para a Recuperación da Memoria Histórica e demais entidades adheridas á Iniciativa Galega pola Memoria vimos de realizar na Illa de San Simón unha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, seguindo a xeira comezada no 2006 -o ano da memoria- dedicado especialmente nesta ocasión a lembrar as familias dos represaliados que tiveron e teñen que sufrir as consecuencias do acontecido ao seu parente. Consecuencias polas que aínda hoxe non foron resarcidos.

Homenaxe popular a Uxío Novoneyra no Courel

Homenaxe popular a Uxío Novoneyra aberto organizado polos xestores da páxina web uxionovoneyra.com o 9 de maio de 2010.

Guillerme Vázquez: Campaña informativa do BNG para expoñer as consecuencias da Lei de Augas do PP


Guillerme Vázquez: Campaña informativa do BNG para expoñer as consecuencias da Lei de Augas do PP

Mª Pilar García Negro na Casa Museo de Rosalía de Castro o 6 de marzo de 2010

Mª Pilar García Negro na Casa Museo de Rosalía de Castro, o sábado 6 de marzo de 2010, durante os actos que o BNG levou a cabo conmemorando o 125 aniversario da morte de Rosalía de Castro e o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora

Encontro Nacional da Memoria Histórica (Homenaxe ao Exilio Galego)

19 de xullo de 2008. Encontro nacional da memoria histórica, homenaxe ao exilio galego, organizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza o 19 de xullo de 2008 na Illa de San Simón. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galiza. Presentación de Tereixa Navaza, actuación de Carmen Dor, intervención de Xosé Neira Vilas, Joaquina Dorado, Silvia Mestre e Mª Teresa Alvajar. Peche do acto de Ánxela Bugallo como Conselleira de Cultura e Deporte e o Grupo de Música Tradicional AGADIC.

Día da Galiza Mártir. 17 de agosto de 2010

17 de agosto. Día da Galiza Mártir. 2010. Ofrenda floral no monumento da Ceira. Homenaxe ás mocidades do Estatuto do 36. 17 de agosto. Día da Galiza Mártir. 2010. V Premio á recuperación da memoria histórica a Xaime Illa Couto, Avelino Pousa Antelo, Francisco Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo. Intervención de Camilo Nogueira na ofrenda floral diante da tumba no cemiterio de San Mauro. E intervencións de Iria Aboi e Miguel Anxo Fernández Lores na Praza de Curros Enríquez, diante do munumento a Bóveda.

12 de agosto de 2010: Moncho Reboiras, a loita continua

12 de agosto de 2010: Moncho Reboiras, a loita continua. Ferrol. Intervencións de Xoán Xosé Pita e Francisco Rodríguez

anterior 1 2 3 4 seguinte

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña