19:22 Mércores, 22 de Novembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
´

Presentación de "Retallos daquela infancia" en Vigo. Intervención do autor do libro, Bautista Álvarez

12 de agosto 2012: Moncho Reboiras, 37 aniversario do seu asasinato


O 12 de agosto de 2012 cumpríronse 37 anos do asasinato de Moncho Reboiras. A UPG organizou, como cada ano, os actos de homenaxe ao seu militante e dirixente. O acto público de homenaxe celebrouse en Ferrol, entoando a Internacional e realizando a ofrenda floral ao pé do portal da rúa da Terra onde a policía franquista asasinou a Reboiras. No Cantón tiveron lugar as intervencións poíticas de Iván Ribas Rico, portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol, e de Néstor Rego Candamil, Secretario Xeral da Unión do Povo Galego.

A tarde anterior do 11 de agosto de 2012, tras o acto político organizado polo BNG de Dodro coas intervencións de deputado no Parlamento Galego, Alfredo Suárez Canal, e de Xan García, secretario da unión local da CIG As Rías, realizouse a tradicional ofrenda floral en Imo, onde o corpo de Moncho Reboiras descansa.

Intervención de Néstor Rego, Secretario Xeral da Unión do Povo Galego (UPG) na clausura do seu XIII Congreso


Auditorio de Galiza, Santiago, 17 de xuño de 2012

Realización: Alberte Mera

Alba de Gloria no Pico Sacro 2012

Lectura do Alba de Gloria no Pico Sacro no sábado anterior ao 25 de xullo de 2012, coa intervención da presidenta da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura María Pilar García Negro e a actuación da Quenlla.

Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 2012

Nas vésperas da infausta data do 18 de xullo temos outra vez a oportunidade de lembrar ás vítimas da represión franquista na Galiza nun acto nacional a celebrar na illa de San Simón. Desta volta a intención é poñer a mirada nas novas xeracións da memoria. Descendentes de vítimas mais tamén mozos e mozas quen sen ter un vencello familiar se achegan a memoria como un xeito de comprender o presente que se lle legou.
Os actos celebraronse o domingo 15 de xullo na Illa de San Simón. Comezaron coa presentación do proxecto documental “A pegada dos avós” no auditorio e a actuación musical de Samuel Acuña e Laura Romero. Logo de visitar as instalacións da outrora Colonia Penitenciaria farase unha ofrenda floral e solta de pombas no cemiterio, coas intervencións de Pablo Iglesias Núñez (Fillo de Mercedes Núñez, internada no campo de exterminio nazi de Ravensbruck e representante para Galiza de Amical de Mauthausen), Valentín García Bóveda (Neto de Alexandre Bóveda e Secretario da Fundación que leva o seu nome) e Ana Aller (Neta de Enrique Gómez, fuxido e asasinado no 1937).

Homenaxe a Ánxel Casal no 75 aniversario do seu asasinato

Homenaxe do BNG a Ánxel Casal en Compostela. 19 de agosto de 2011. Intervención de Rubén Cela e Avelino Pousa Antelo. Diante da que fora a Imprenta "Nós" na que Ánxel Casal desenvolvía o seu traballo de restauración e difusión da nosa lingua e cultura. E homenaxe do Concello de Teo e a Asociación "A Oliveira", no lugar no que apareceu o seu corpo xunto co de Xosé Areosa Devesa.

Homenaxe a Bóveda en Pontevedra

Homenaxe á Alexandre Bóveda na praza de Curros Enríquez en Pontevedra coa intervención de Miguel Lores e Olaia Fernández, presenta Anxos Riveiro

12 de agosto 2011: Moncho Reboiras, a loita continúa!

Celebración do 12 de agosto de 2011 en Imo e Ferrol coa intervención de Francisco Jorquera.

Castelao, 125 anos. Homenaxe de Galiza Cultura

Acto de GALIZA CULTURA para celebrar o 125 aniversario do nacemento de Castelao o 30 de xaneiro de 2011 na Praza do Toural en Compostela. Organiza A.C. O Galo e colabora a Concellería de Cultura do Concello de Compostela. Intervén Mª Pilar García Negro (Presidenta da Federación Galiza Cultura), Manuel Domínguez e actúa Pepe Constenla

1 2 3 4 seguinte

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal