08:59 Xoves, 27 de Xullo de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

Carvallo Calero, a posibilidade de rectificar a historia

Vídeo documental levado a cabo pola AS-PG con Guión e locución de Francisco Rodríguez. Imaxes da entrevista con Carvallo Calero realizada por Francisco Salinas Portugal en 1988. Arquivo gráfico de A Nosa Terra. Produción Xan Carballa Alonso. Realización Servimav.

O documento (1974, de Enrique Rodríguez Baixeras)

O documento (16mm, 1974) ou O Cadaleito (35mm, 1976). Asegura o director que inicialmente movíase cunha intención de crear un cinema galego e en galego, "todas as miñas obras exceptuando a primeira son en galego". Pero na dirección de O cadaleito a idea amósase máis madura, coa intencionalidade de dotar a Galiza dunha industria cinematográfica propia (con obras rodadas en formato profesional e industrial, na nosa lingua, da nosa cultura e dirixidas a conxunto do público galego).

Volta de Daniel Castelao (Xuño de 1984)

Audiovisual que recolle a manifestación convocada polo BNG o 24 de xuño de 1984 contra a manipulación pola traida dos restos de Castelao e que rematou na Praza do Toural de Santiago de Compostela. Tamén se dá conta da resposta que o nacionalismo dou en San Domingos de Bonaval días despois, o 28 de xuño de 1984, coa chegada do cadaleito de Daniel Castelao a Galiza.

Luís Seoane, Visualidade, recordo e síntese

2010. Dirección, guión e montaxe: José Manuel Mouriño Produce: Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) Deseño da produción: José Manuel Mouriño e Eva Barcala Documentación: Fundación Luís Seoane Voz en Off: Josi Lage. Cámara: Manuel Iglesias Nanín Música: Canción del Árbol del olvido de Albergo Ginastera interpretada por Soprano Patricia Blanco e José Manuel Fernández ao Piano.

O futuro da ría de Pontevedra

Este documental foi feito cos obxectivos da divulgación do nos patrimonio natural e da concienciación medioambiental, e sen ningún tipo de fin lucrativo. FICHA TÉCNICA: Realización: Alberto de Cóo, Antón Masa e Lukas Santiago Montaxe: Alberto de Cóo e Lukas Santiago Narración: Tareixa Alonso García, Xacober Rodríguez Rivas Imaxe: APDR, TVG, TVE Galicia, BBC e CEMMA Música: Berrogüetto (Alalá das humanidades, Ausencia, Navicularia) Mercedes Peón (O mar) Os diplomáticos de Monte Alto (Ardentía, Estrume, taberna de Monte alto e Espera do teu sono)

Hai que botalos

“Hai que botalos”, Un filme libre e colectivo sobre Galiza cun obxectivo, estimular o “boto” nas eleccións do 19 de xuño de 2005.
As creacións audiovisuais contidas neste DVD son cedidas á sociedade galega, autorizándose a súa libre distribución e a exhibición sen ánimo de lucro. As creacións incluídas no DVD non poderán ser utilizadas de xeito partidista por ningunha formación política.

Cousas que compre non esquecer

Vídeo realizado pola plataforma "Nunca Máis" para dar resposta ás "verdades" oficiais e á contrainformación que se propagou para tapar a incompetente xestión do accidente do Prestige que conduciu ao desastre ecolóxico e económico que tivo lugar nas nosas costas.
O vídeo parte dunha idea de Enrique Acuña da Plataforma "Nunca Máis" de Pontevedra, para facer levar a cabo unha proxección sobre a fachada do Goberno Civil de Pontevedra. A realización do vídeo foise levando a cabo pola colaboración desinteresada de moitas persoas que achegaron materiais que finalmente foron editados por Bieito Lobeira e Xoán Carlos Garrido.

Auga de vida (Costumes e historias cotiás)

Auga de vida (Costumes e historias cotiás). Produtor executivo: Concello da Estrada. Concellaría de Medio Rural e Turismo.
Audiovisual: La Charca Digital
Autor: etnoga Patrimonio cultural

Video sobre Francisco Carballo proxectado en Maceda, durante a Homenaxe celebrada o 27 de decembro de 2014 (Xan Carballa)

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal