08:58 Xoves, 27 de Xullo de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

A orixe familiar do Mariscal Pardo de Cela

Conferencia: Cara onde vai Cuba? (26-06-2012)

50 aniversario de Memorias dun neno labrego

50 aniversario da saída do libro "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas.
Acto de celebración do cincuentenario. O máis vendido entre os mellor vendidos. Saído do prelo na Arxentina un 5 de xaneiro, do ano 1961. Medio século despois da súa publicación, a obra de Xosé Neira Vilas despachou 600.000 exemplares, foi traducida a 14 idiomas, entre eles o chinés, o ruso, o alemán ou o inglés, e coñeceu 31 edicións, a máis recente a que, co gallo da conmemoración dos 50 anos do texto, Galaxia ofrece coa cuberta orixinal de Luís Seoane.

Mª Pilar Garcia Negro: Lembrando a Carvalho Calero no seu centenario (11-11-2010)

Intervención de Mª Pilar García Negro nas xornadas "Rosalía de Castro, Luís Seoane, Carvalho Calero e Uxio Novoneyra; a afirmación da lingua" organizadas pola CIG-Ensino e a AS-PG. Conferencia en Compostela o 11 de novembro de 2010.

I Simposio Prisciliano

I Simposio sobre Prisciliano celebrado do 24 ao 26 de novembro de 2006 en Santiago de Compostela. Resume dalgunhas das intervencións e entrevista con relatores: Anselmo López Carreira, Alvaro Rodríguez Resino, Ramón Chao Rego, Eduardo López Pereira, Victorino Pérez Prieto, Francisco Carballo, Millán Picouto e Xosé Chao Rego

Presentación do libro: O Clamor da Rebeldía, Rosalía, ensaio e feminismo

Presentación d'O clamor da rebeldía, Rosalía de Castro: ensaio e feminismo' de Mª Pilar García Negro
A profesora e escritora Mª Pilar García Negro presentou no Consello da Cultura Galega o seu libro "O clamor de rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo", obra gañadora do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2010.
No acto interveu: Francisco Fernández Rey, catedrático da Facultade de Filoloxía da USC, María Agra, coordinadora da Comisión de Igualdade do CCG, e a autora.
Santiago de Compostela. 20 de maio de 2010

Presenza do pensamento de Castelao na alternativa política do BNG

Presenza do pensamento de Castelao na alternativa política do BNG
Data: 29 de maio 2010
Hora: 10:00 horas
Lugar: Hotel Méndez Núñez
Xornadas de formación do BNG

BRAIS PINTO, O AFIADOR REVOLUCIONARIO. Intervencións de F. Ferreiro, C. Arias, M. Ferrín, R. Lourenzo, B. Álvarez, B. Graña e H. Barreiro

Conferencia inaugural da exposición "Brais Pinto, o afiador revolucionario" organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña . Intervén a Concelleira de Cultura Mª Xosé Bravo, e tamén algúns dos membros do grupo: Xosé Fernández Ferreiro, César Árias, Méndez Ferrín, Ramón Lourenzo, Bautista Álvarez, Bernardino Graña e Herminio Barreiro. O vídeo é un resume do acto celebrado o 4 de febreiro de 2010 na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña. O grupo "Brais Pinto" supón o renacer mozo da conciencia da nación. Estudantes e traballadores novos galegos residentes en Madrid ávidos de coñecer a Terra negada e liberar a patria sometida.

A crise política na baixa Idade Media. Un momento crucial da historia de Galiza. II Xornadas Lois Obelleiro de Historia, Pensamento e Cultura

A crise política na baixa Idade Media. Un momento crucial da historia de Galiza. II Xornadas Lois Obelleiro de Historia, Pensamento e Cultura. 29 de outubro de 2009. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela. Inauguración a cargo de Mª do Pilar García Negro. Xosé Ramón Freixeiro Mato. "Lingua e poder político na Galiza Medieval". "O papel da nobreza e a xerarquía eclesíastica na Galiza do século XIV e XV". Francisco Rodríguez. A Alternativa galega no conflito europeo da segunda metade do século XIV. Clausura de Bautista Álvarez

1 2 seguinte

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal