Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
15-11-2021

SUMAR PARA AVANZAR

O BNG como sempre foi e será un partido integrador e igualitario

HELENA VILAS VIÑAS

A uns días da XVII Asemblea do BNG vexo moita xente queimada por certos titulares xugosos  da prensa un día despois celebrada esta,  parece mentira que moitos e moitas non aprendéramos despois de tantos anos, o BNG é así dende que naceu, no 1982 vanse facer 40 anos e aínda hai quen non entende que somos unha fronte diversa cun programa de mínimos onde milita xente de varias ideoloxías, soberanistas, independentistas, federalistas, galeguistas ,nacionalistas… penso que o nome ven de aí precisamente. O BNG é un conxunto de militantes, unha organización onde compartimos ideas con outros partidos cun mesmo fin; a liberdade da nación galega para construir un estado soberano, democrático, laico e republicano, todo aquel que defenda  a Galiza autoorganizada e progresista ten cabida neste proxecto. O BNG non limita todas as opcións do galeguismo, senon que as acolle na súa diversidade . Unha forma de construír un bloque social maioritario para xerar propostas políticas capaces de escapar dun único sector político. Case corenta anos de historia e deixámonos levar por un titular sacada fora de contexto por unha frase  na defensa  dunha enmenda.

Penso que o BNG está no mellor da súa existencia, e unha cousa non é excluínte da outra, mais agora afinouse no discurso e estamos máis conectados coa realidade nos tempos e coa sociedade. Mentres discutimos si o Bloque é ou non independentista,  moitas e moitos levamos comendo moita merda e vendo como a Galiza se merma coas políticas PP. O purismo asusta á xente porque moitos non o comprenden cando estamos afogados na miseria, o último que lle importa a clase traballadora é si o único partido que pode defender Galiza sexa independentista ou non. Conectar coa realidade é o principal,” independencia” agora mesmo  é unha palabra baleira, sin contundencia, si non construes a casa polos cementos . Hai que adaptarse os tempos e facer política útil,  trátase de facer un dique de contención a ante o fango centralista. Os novos e o vellos votantes do BNG teñen que entender que dentro do seu ámbito pode darse a contraposición de ideas pero que esto non pode derivar nun debate estéril que nos limite a posibilidade de avanzar. Eu declárome independentista mais nunca me sentín desplazada  nin incomprendida, nunca,  e en ningún momento da Asemblea, nen tan sequera cando se afondou no tema en cuestión e coma min seguro que a maioría da militancia que alí estaba.

En moitas ocasións non  encheremos coliseos a rebosar, non petaremos escenarios mais a solidez que ten esta militancia a estructura menos visible permítenos levar a mensaxe a todas partes aínda tendo a tv pública e a prensa en contra;  que na maioría das veces na miña mente créase un meme coa música de Luciano Michelini  dun capítulo da serie de Larry David.

Pese a todo co que o BNG carga temos que apoiarnos neste tema, o imprescindible, a nosa militancia o traballo incansabe da nosa xente, intercambio de ideas, traballo decisións conxuntas para afrontar novos retos, novas vías e encarar con garantías os próximos anos de vida do BNG, como sempre foi e será un partido integrador e igualitario.