Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
09-08-2021

REDE NATURA E MONTE VECIÑAL

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ


De un tempo a esta parte,e ante calqueira reivindicación contra  a instalación de algunha obra ou servizo  no medio rural ,sempre aparece a reclamación da ampliación da Rede Natura .Como se esta fose algo así como un escudo que todo o protexera .

No medio rural,os montes veciñais en mán común ocupan unha grande superficie do mesmo .En non poucos  concellos rurais galegos ,o monte veciñal ocupa mais 74% da superficie  .Xa que logo ,boa parte do medio rural galego está xestionado democraticamente polos titulares das terras.Ante esta situación real parecería acaído que nas propostas de ampliación da Rede Natura ,se tivese falado ,aínda que somentes fose para coñecer a súa opinión ,cos titulares dos montes .Se cadra non acontece esto ,parafraseando  ao Lelo ,o protagonista da novela de Neira Vilas .”Memorias de un neno labrego porque “ as populacións do medio rural somos considerados  uns lelos e unhas lelas .Como quén di ,uns ninguéns.

Tamén parecería acaído que xunto coa reivindicación da ampliación da Rede Natura,aparecese a reivindicación  de que hai que xestionar de outro xeito esta figura de protección medioambiental .Porque tal e como se foi implantando (e se implanta) a Rede Natura ,siñificou unha confiscación encuberta dos montes (non consultaron os e as titulares),unha usurpación da xestión (os e as titulares fican fora dos órganos de xestión ) e unha prohibición de certos usos  sen ningún tipo de compensacións (os usos permitidos ou prohibidos fica ,de xeito arbitrario, no sentir do director ou directora do parque).Aquí están as raíces do rexeitamento a Rede Natura no medio rural.O problema non está na mesma figura de protección medioambiental. Atopase en como se implantou (e se implanta) e como se xestiona.

Un dos principais argumentos que esgrimen cando piden a ampliación da Rede Natura e que a superficie de esta figura medioambiental na nosa nación e moi inferior da superficie media en España e en Europa .Esta é unha comparativa mimética , que tamén se da en outros eido. Non analisa o porqué. Non ten en conta que a estrutura da propiedade galega é moi distinta a estrutura da propiedade tanto en España como en Europa . Na Galiza existen terras comunitarias xestionadas democraticamente polos seus titulares ,a veciñanza comuneira. En España e en Europa( agás en parte de Portugal) ,non existen.



 Non existen ,pero que nun pasado non moi remoto ,existían, pero que a súa veciñanza , a diferenza da veciñanza galega ,non soubo defender. Vexamos o acontecido no Estado Español . A partir do ano 1885 ,as leixes desamortizadoras dos gobernos liberais do Estado, puxéronse en venda esas terras comunitarias. En Galiza , ao contrario do que aconteceu no resto do Estado , a veciñanza foi quén de defender as súas terras que eran o seu medio de vida . E namentres que no estado español moitas terras comunitarias foron privatizadas , en Galiza , as leixes desamortizadoras non tiveron o efecto planificado polos lexisladores .

No ano 1873 ,a primeira república española , decretou que os montes veciñais en mán común ,pasasen a ser montes de titularidade dos concellos. E dicer , confiscaron os montes veciñais . Daquela , a sociedade rural galega vivía diseminada en lugares , aldeas e parroquias , e os novos concellos españois (non facía moito que se organizaran) , non tiñan moita incidencia na vida cotidián. A veciñanza rural galega seguiu usando as súas terras comunitarias non como entes administrativos , senón como grupos sociais . No resto do Estado , as terras comunitarias que se salvaron das leixes desamortizadoras, pasaron a ser montes de titularidade pública , e desapareceron como tales para sempre . A sociedade rural galega con súas accións e a súa loita , resistiron este ataque contra os montes veciñais  . Falar de estas cuestión , aínda que non aparezan nos curriculums escolares , e tamén falar da historia da nosa nación .

Seguramente , no canto de somentes reivindicar a ampliación da Rede Natura , no Parlamento Galego , podería prantexarse a consideración do monte veciñal en mán común como unha figura de protección especial en si mesma. Unha figura especial que protexera estas terras comunitarias  da cobiza dos intereses capitalistas , especulativos e urbanísticos que pretenden apropiarse delas . Se cadra , estariamos pondo a primeira pedra para que os montes veciñais en mán escomencen a non ser reliquias do pasado  e sigan sendo realidades do presente, cargadas de futuro.


Xosé Alfredo Pereira Martínez