Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
03-12-2015

O fundamentalismo e a teocracia, como outrora

Que a Virxe nos protexa… e o Apóstolo tamén

EDUARDO ÁLVAREZ

Imposición da Medalla de Ouro ao Mérito Policial á Nuestra Señora María Santísima del Amor


No mes de febreiro do ano pasado, o ministro do Interior ditou unha orde pola que se lle concede a medalla de ouro ao mérito policial con carácter honorífico “a favor de Nuestra Señora María Santísima del Amor”. Entre os fundamentos da proposta para a imposición desta condecoración, o Gabinete Técnico do Ministerio do Interior recoñece, e reproduzo literalmente, que “la Dirección General de la Policía alberga la firme intención de condecorar la advocación mariana titular de la Real, Excelentísima, Muy Ilustre y Venerable Cofradía de Culto y Procesión de Nuestro Padre Jesús El Rico y María Santísima del Amor… Real Cofradía que venera a María Santísima con la advocación de Amor, reconociéndola como Corredentora de la Humanidad y Mediadora Universal de todas las gracias dispensadas por Dios”.

Tamén alega o Ministerio do Interior para a concesión de tal condecoración que a relación da Policía con esta confraría malagueña remóntase ao 14 de xuño de 1938, en que o daquela denominado Ministerio Público nomea como Irmán maior de mesma o Cuerpo de Investigación y Vigilancia, dependente do mesmo departamento franquista, que, pouco despois, e xa baixo a denominación de Cuerpo General de Policía, ten a misión de realizar a vixilancia dos inimigos de España. Así pois, con motivo do 75 aniversario dese nomeamento, esta confraría malagueña propuxo agora que “Nuestra Señora María Santísima del Amor” fose agraciada coa máxima condecoración: a medalla de ouro ao mérito policial.

E, con iso, segue dicindo a orde ministerial do ano 2014, “se pretende honrar a María Santísima con la imposición de la Medalla de Oro con carácter honorífico, como muestra de nuestro reconocimiento y respeto, acogiéndonos bajo el manto de su protección, y con el ruego de que nos guie [sic] en la difícil pero importante misión que la Policía tiene encomendada.” Estas palabras poderían teren sentido na Idade Media cando, desde a concepción teocrática e fundamentalista, se cría na intervención da divindade para protexer os cristiáns dos inimigos e nomeadamente dos infieis. Tamén esas palabras da orde ministerial do ano 2014 podían ser asimiladas por parte da sociedade do século XIX como sucedía coa narración da batalla de Clavijo realizada polo cóengo, doutor en xurisprudencia e sedicente historiador González de Tejada, cando afirma que grazas á extraordinaria intervención do apóstolo Santiago, liderando os exércitos cristiáns sobre un forte e fermoso cabalo branco, conseguiu amedrentar de tal xeito os musulmáns que, covardes, fuxiron desordenados, deixando o campo inzado de tal número de cadáveres inimigos que corrían regos de sangue que, -seguía dicindo- confluían no río Ebro, a unha distancia de dúas leguas. Os argumentos da orde ministerial do ano 2014 tamén poderían encontrar sentido nos anos da Gloriosa Cruzada Nacional e no período franquista posterior como sucedeu coa lenda da mesma protección xacobea sobre os exércitos sublevados. Así, o día 25 de xullo de 1948, cando o Ditador, axeonllado no presbiterio da catedral compostelá como oferente ao Apóstolo, referíndose á batalla de Brunete, pronuncia as seguintes palabras: “La batalla se presentó dura y empeñada. Las brigadas comunistas internacionales, apegadas a las ruinas de aquel pueblo, bajo un calor de fuego y un trepidar de muerte de ametralladoras y de aviones, disputaban el terreno palmo a palmo a nuestros soldados; los numerosos carros rusos hormigueaban en aquella meseta ocre como gusanos. Se mantuvo indecisa la batalla durante varios días, hasta la mañana de la fiesta de nuestro Apóstol, cuando, después de pedir a Dios por la victoria e invocar su valiosa y eficaz intercesión, a las doce de aquel día hizo crisis la batalla y una victoria rotunda y trepidante fue la expresión más clara de la ayuda de Dios en la difícil hora. Lo mismo que en Oviedo, cuando nuestras tropas alcanzaban la vista de la ciudad y la resistencia de sus defensores se acercaba al total agotamiento y nuestros adversarios cantaban ya la próxima victoria; cuando tantos desesperaban, un esfuerzo más y la invocación y auxilio de nuestro Apóstol nos permitieron confiar todavía en la victoria, que en breves horas se lograba.”

Mais esta condecoración do Ministerio de Interior en pleno século XXI a Nuestra Señora María Santísima del Amor non foi en absoluto arbitraria nin tampouco infrinxiu a proclamada constitucionalmente aconfesionalidade do Estado, senón que se realizou dentro da estrita legalidade como vén de recoñecer o poder xudicial a través da sentenza da Audiencia Nacional porque, entre outras razóns, estas condecoracións gozan de discrecionalidade e, alén diso, “existen numerosos precedentes de concesión de distintivos a una Cofradía, con cita a este respecto de las siguientes: concesión de Cruz al Mérito Policial con Distintivo Blanco a la Cofradía de Nazarenos Sagrada Cena por Orden de 16 de setiembre de 2004 o la Concesión de la Cruz al Mérito Policial con Distintivo Blanco a la Cofradía de Jesús del Perdón y María Santísima de la Aurora por Orden de 20 de setiembre de 2010, la concesión del mismo distintivo a la Imagen del Cristo Jesús Caído de Valdepeñas, como titular de la Cofradía de Nuestro Padre Jesús Caído y María Santísima de la Esperanza, por Orden de 25 de setiembre de 2001 o a la Imagen de María Santísima del Amor y Soledad de Fuengirola, titular de la Cofradía Santísimo Cristo de la Caridad y Santísimo Cristo Yacente de la Paz y la Unidad y María Santísima del Amor y Soledad, por Orden de 25 de setiembre de 2001”.

O fundamentalismo e a teocracia, como outrora, seguen en vigor grazas a resolucións como estas que se publican nos correspondentes boletíns oficiais, a sentenzas xudiciais que as validan e ás propias leis que se promulgan para seguiren mantendo a simbiose do poder civil coa ideoloxía relixiosa máis retrógrada; e todo isto coa finalidade de que, grazas á intervención divina, se vaian solucionando todos os problemas. ¿Acaso, segundo o mesmo ministro do Interior, Santa Teresa non está intercedendo no ceo por todos nestes “tempos recios”? ¿E a Virgen del Rocío non axudou a saír da crise económica segundo a Ministra de Emprego? Procede, xa que logo nestes momentos, que o ministro de Defensa condecore o Apóstolo coa Cruz Laureada de San Fernando en recoñecemento, no pasado, da súa continuada axuda na Reconquista e para que, no presente, como caudillo dos exércitos, aniquile para sempre os jihadistas.

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.