Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
02-03-2011

O soñar galego, os universos fantásticos que constitúen a columna vertebral da Galiza son o alimento da súa obra

Álvaro Cunqueiro "O medo é libre; rasgo común da ignorancia"

ROSA BUGALLO VECIÑO

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo)


O medo:

Cunqueiro nace en Mondoñedo no 1911 para cargar nas súas costas con máis de 30 obras entre poesía, teatro, narrativa, gastronomía e moitos artigos para comer. Converténdose nun dos escritores galegos máis importantes da literatura universal.

"Na aspereza da vida cotiá soñar é necesario" O soñar galego, os universos fantásticos que constitúen a columna vertebral da Galiza son o alimento da súa obra. O medo e a covardía o serán na súa vida. Máis ningún destes valores foxen da cotidianidade, do ser e do estar, dunha cultura que se constitúe na fantasía para vivir a realidade, e na loita e no medo para defendela.

Se Mondoñedo o fai consciente do " vivir na lenda" : na barbería, na rebotica, na taberna, na paisaxe natural... A lingua Galega o impulsará no vivir real dunha paisaxe política liberadora. Membro da xeración nós e activista en prol do estatuto de autonomía do 36 formará parte do escritorio de Alexandre Bóveda, Filgueira Valverde, Plácido R. Castro, Carballo Calero, Vicente Risco, Otero Pedraio, Castelao.

A guerra puxo encima da mesa o valor do medo, a resposta da covardía, o abandono da poesía (a palabra tamén ten capacidade de castigo) para adicarse á narrativa fantástica dos soños.

" Na aspereza da vida cotiá soñar é necesario" E a cotidianidade galega puxo ao seu dispor todo o imaxinario que a constitúe, aderezada cun dos maiores diferenciares culturais dos que dispomos: o humor. Alvaro Cunqueiro situouse, deste xeito, xunto os modernos fabuladores universais: Lord Dunsany, Borges, Italo Calvino, Cortazar, e outros mestres na arte do soñar realidades. Carretou para a literatura galega influencias do Creacionismo de Huidobro, do Cubismos, do Surrealismo, compartindo publicacións con Lorca ou Paul Eluard.

Mais coma sempre, a exclusiva autenticidade no valor da obra en Cunqueiro xorde do berce: O Realismo Máxico. A estrutura narrativa baseada no relato dentro do relato e a organización dos textos en pequenas unidades con autonomía propia (o pensamento-agrícola-minifundista, tan propio e criticado) representado por personaxes cotiáns mitificados. A mitoloxía da cotidianidade é outro dos rasgos da obra de Cunqueiro, trasladando no papel a verdade do ser galego: unha sociedade mitolóxicamente real : "puedo decir lo que he oído hablar del Mago Merlín, profecías suyas y prodigios que están vivos en la memoria, o en la imaginación de las gentes de mi pais".

O realismo de Cunqueiro é produto do sincretismos, da fantasía, do lirismo, humor e melancolía. O realismo soñado dende a mente que se constrúe a partir da imaxinación: o elemento que inspira toda a creación artística e constitúe a materia da Beleza. O fin último do coñecemento profundo da realidade.

A ignorancia.


Que este ano faga 100 anos do nacemento de Cunqueiro importa ou non, é tan importante como si fixese 101 ou 90. O tempo, neste caso, nos proporciona o motivo, a escusa social necesaria para poñer en valor os elementos literarios da obra do autor, que non son outros que os valores que constitúen a nosa idiosincrasia.

Mais este País é maxicamente e indiscutiblemente surrealista, ignorase a si mesmo, o ignoran as institucións, os cidadáns, a consellería de cultura, os intelectuais desintelectualizados. A ignorancia como estratexia é tan poderosa como o Medo, paraliza os procesos de liberdade, de creación, de reivindicación e conciencia do propio. Ignorar a Cunqueiro, é ignorar os nosos costumes, historia, gastronomía, arquitectura, natureza...é vender a súa casa de Mondoñedo a un expropiador, é homenaxear con catro charlas aburridas e obsoletas, estratexicamente planificadas para a tranquilidade do pensamento españolista do Consello da Cultura Galega, avantaxada en asuntos de marketing pois, iso si, podemos ver o careto do autor nos autobuses vigueses. É deixar sen ningún apoio ao concello de Mondoñedo para que poida velar e dignificarse dos seus. Mentres escribo este artigo non sae da miña cabeza o exemplo de Orihuela: o ano pasado foi un ano de homenaxes a Miguel Hernández, colocándose este pobo no mapa xunto a Rusia, Pekin, a feira do libro en México, exposicións por todo o mundo, visitas turísticas-literarias no pobo, cursos a escolares, cursos de verán en Europa e América, concertos de Serrat musicando os seus poemas nunha xira internacional. O Sochantre de Orihuela!!

Sochantre é raptado por un grupo de defuntos para que os entreteña con música...si en defuntos se convertise a equipa da consellería de cultura o seu Solchantre serian co seu bo-mal-facer de influencias neoiorquinas a nosa entrañable Cristina Pato ou Rosa Cedrón catándolle dende o seu pazo ao pobo pobre vestidiño de domingo.

Enamais..