03:25 Luns, 23 de Setembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

ANSELMO LÓPEZ CARREIRA Perfil

Vigo, 1951

Anselmo López Carreira


Fixen a primeira comunión e o bacharelato en Ourense, que son as formas de naturalizarse nunha cidade. A maiores, foi tamén en Ourense onde, sucesivamente, me fixen ateo e nacionalista, coñecín o comunismo e tiven dúas fillas.

Así que comprensiblemente son moi ourensán, sen por iso deixar de ser
doutros lugares.

Logo estudei Historia na Universidade de Santiago de Compostela.
Licencieime en 1976 e dín axiña os primeiros pasos pola investigación
da Historia medieval de Galicia, con lóxica preocupación polos
movementos sociais, particularmente pola Revolución Irmandiña.
Doutoreime en 1994 cun estudo sobre a cidade de Ourense na Idade
Media. O mundo urbano medieval, por tanto, é outro dos campos
preferentes da miña atención.

En consecuencia, entrei en contacto coas abondosas fontes
documentais, en cuxa delongada edición sigo ocupado, así como, en
xeral, nun esforzo de renovación historiográfica destinado a
presentar un enfoque da nosa Historia observada desde nós mesmos,
libre das manipulacións impostas polas directrices dominantes
estatais.

Actualmente resido en Cangas do Morrazo, onde exerzo como Catedrático de Secundaria no IES María Soliño, e onde tiven dous fillos (mais sen por iso lograr adquirir plana naturalización).

Tamén son Profesor-Titor na UNED de Ourense.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña