Responsable Comarcal do BNG de Lugo-Centro. Vicepresidente da Deputación de Lugo. Concelleiro en Lugo.
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa. Profesor de Ensino Medio no IES de Becerreá (Lugo).
En 1999 e 2003 encabeza a lista do BNG na candidatura de Becerreá. Concelleiro dende 1999 a 2007.
Formou parte da candidatura do BNG ao Parlamento Galego no ano 2001 e xa no 2004 é elixido candidato número un para as eleccións ás Cortes Xerais pola provincia de Lugo.
Portavoz do BNG na Deputación de Lugo dende o 2005 ao 2007.
No 2007 forma parte da candidatura do BNG nas eleccións municipais no Concello de Lugo. Tras as eleccións obtén acta de concelleiro en Lugo e é elixido Deputado Provincial. Accede ao goberno da Deputación de Lugo como Vicepresidente Primeiro.
Foi responsable local en Becerreá. Membro do Consello Comarcal de Lugo-Centro dende o ano 2000. Membro da executiva comarcal dende o 2001. Actual Responsable Comarcal.
É membro do Consello Nacional.
Delegado sindical da CIG Ensino. Membro da Xunta directiva da AS-PG.
Relacionado coa súa terra natal, realizou o traballo de investigación e recuperación da figura do galeguista becerrense Fuco Gómez, que desenvolveu a súa actividade como dinamizador da nosa lingua e cultura na Habana arredor dos anos 30 do século XX.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.