Cursou estudos de Filoloxía Galega na Universidade da Coruña e na actualidade oposita ao Corpo de Arquivos e Bibliotecas. Participou activamente do movemento estudantil nacionalista, tanto no ensino medio como no universitario: foi membro da executiva nacional dos CAE e entre 2001 e 2005 foi responsábel nacional de organización dos CAF.
Desde 1999 fixo parte do grupo de traballo nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística e entre 1999 e 2001 foi responsábel da Mesa na zona da Coruña. Desde 2006 é membro da Comisión Permanente da Mesa, ostentando na actualidade a súa vicepresidencia e a responsabilidade da coordinación das zonas organizativas da asociación. Colabora tamén con outros movementos asociativos no ámbito cultural, xuvenil e ecoloxista.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.