20:11 Venres, 06 de Decembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

DAVID PENA DÍAZ Perfil

A Coruña, 1975

David Pena Díaz

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, exerce como avogado laboralista na Confederación Intersindical Galega (CIG), na cidade da Coruña, na que reside desde que naceu.

Participa no movemento veciñal, tendo sido Presidente da Asociación de Veciñas/os de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules.Milita no movemento nacionalista galego desde os 17 anos, integrándose a esa idade na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, para posteriormente participar no movemento estudantil a través dos Comités Abertos de Faculdade (CAF), chegando nese período a ser eleito claustral e membro da Xunta de Facultade.Resultou eleito Secretario Xeral da Unión da Mocidade Galega (UMG) no seu XI Congreso. Foi, así mesmo, Responsábel Comarcal de Galiza Nova na Coruña e membro da súa Dirección Nacional. Na actualidade é membro da Executiva Local do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña