04:46 Martes, 19 de Novembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

LUCÍA LÓPEZ SOBRADO Perfil

Sarria, 1985

Lucía López Sobrado


Nada na parroquia de Goián, no Concello de Sarria, é Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración, na especialidade de Estudos Internacionais, pola Universidade de Santiago de Compostela, realizando con aproveitamento un ano de estancia na Prifysgol Caerdydd, no País de Gales.

Actualmente é alumna da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, cursando o  Mestrado en Dereito das Administracións e Institucións Públicas e o Mestrado en Estudos Internacionais.

Militante nacionalista, participa dos COMITÉS. Foi Responsábel Comarcal de Galiza Nova en Lugo Centro, no período 2007-2009, e desde novembro do 2009 é a Responsábel Nacional de Organización de Galiza Nova e membro do Consello Nacional do BNG.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña