03:14 Luns, 11 de Decembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

DUARTE CORREA PIÑEIRO Perfil

Vigo 1966

Duarte Correa Piñeiro


Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Mestre en excedencia e Profesor de Ensino Secundario.

Foi Secretario de zona de Vigo e membro da Dirección Nacional de ERGAademais de representante dos CAF no Claustro da USC e na Xunta da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Membro fundador de Galiza Nova.

Responsábel Comarcal do BNG do Salnés do 1998 ao 2009, integrando neste momento o  Consello Comarcal.

Actualmente é membro da Executiva Federal da CIG-ENSINO coas responsabilidades de Relacíons Institucionais e Internacionais, formando parte ademais do Consello Confederal da CIG.

Ten participado en representación do nacionalismo galego en diversos congresos, encontros e seminarios internacionais en países de Europa e América Latina.

É  Secretario de Relacións Internacionais  da UPG.

Coautor dos libros  "ERGA. Un lume que prendeu" (1997) e "Galiza/Poboación e Industria" (2006). Colabora en diversos medios dixitais con artigos fundamentalmente referidos a cuestións internacionais.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal