Enxeñeira Técnica Forestal. Campus de Lugo. Universidade de Santiago de Compostela.
Fundadora de Galiza Nova, foi a súa primeira responsábel de Ensino Medio. Asumíu o cargo cando cursaba estudos de Bacharelato no CEI Manuel Antonio de Vigo.
Posteriormente trasládase a Lugo onde cursa os seus estudos na Escola Politécnica Superior, sendo naquela etapa membro dos CAF, representando ao alunado tanto na Xunta de Escola como no Claustro. Nesa etapa fixa a súa residencia nesta cidade.
Desde o ano 1986 forma parte dos organismos comarcais do BNG de Lugo-Centro. Foi Responsábel Comarcal de Galiza Nova e posteriormente Responsábel Local do BNG de Lugo.
Actualmente é membro do Consello Nacional do BNG e desde o ano 2007, Concelleira do BNG na cidade de Lugo, onde exerce como portavoz para temas de Urbanismmo, Medio Ambiente, Infraestruturas e Igualdade.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.