22:33 Venres, 15 de Novembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

SONIA LEBEDYNSKI DIÉGUEZ Perfil

Sonia Lebedynski Diéguez


O seu contacto coa música comeza aos sete anos iniciando os seus estudios musicais de canto. No ámbito artístico desenvólvese dende os seus comezos na música Folk, tendo algún contacto tamén con outras músicas como o funky ou clásica. Ten colaborado en numerosos proxectos como Son Delas, Ball Cans, Sete Saias, Asociación Cultural Barbantía, Conservatorio Tradicional e Folque de Lalín e grabado para diversos discos como Fia na Roca, Susana Seivane, Camaxe, Seare, Asociación Galega de Gaiteiros Galegos (Pelogato24), Brañas Folk ou o último disco do pianista Enrique Paisal (Los Tamara) onde colabora en dous temas... Participou no filme do grupo canadiense "La Bottine Souriante" sobre a súa xira europea con motivo do seu 25 aniversario para o cal interpreta a dúo un tema co cantante solista da "Bottine" Yves Lambert. Na actualidade forma parte do grupo Fia na Roca co que xa ten grabado tres discos e participa en numerosos proxectos. No ámbito docente actualmente é Mestra en Educación Musical e pedagoga, imparte clases de música na ensinanza primaria, e Música para adultos na Escola de Música Municipal de Boiro. Ademáis imparte cursos de canto por diversos puntos da xeografía galega.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña