02:19 Martes, 26 de Setembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

ALBERTE ANSEDE ESTRAVIZ Perfil

Vilasantar, 1957

Alberte Ansede Estraviz


Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago, na rama de Pedagoxía con dúas especialidades: Orientación Educativa e Administración Educativa.

Desde 1988 ata 2001 foi Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

Foi director das Xornadas do Ensino de Galiza entre 1989 e 2001.

Foi membro do Comité Organizador de diversos congresos e Simposios entre os que destacan o I Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (Santiago de Compostela 1992), Castelao na Galiza do s. XX (A Coruña, 1999) Castelao. Co Pensamento en Galiza (Pontevedra, 2000) e Simposio Internacional de Linguas sen normalizar (Pontevedra, 2001).

Coautor do libro "Eduardo Blanco Amor. Álbum de literatura" e do libro de texto para o ensino de Filosofía no primeiro curso de bacharelato.

Coordinador editorial de máis dunha vintena de libros en galego para o ensino non universitario.

Coordinador do proxecto "Enciclopedia - Antoloxía da literatura galega" desenrolado en tres anualidades (de 1995-98) que supuxo a edición de 50 libros representativos da literatura galega, acompañados doutros tantos fascículos que constituíron unha historia da literatura galega.
Este proxecto recibiu a axuda da Comisión das Comunidades.

A nivel político é  membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego desde o ano 2001. Foi membro da Executiva Nacional do BNG, ocupando a responsabilidade de Secretario Nacional de Organización.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal