16:03 Martes, 21 de Marzo de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ Perfil

Sabarís, 1956

Xosé Alfredo Pereira Martínez


Vinculado ao  movemento da recuperación dos montes veciñais en man común desde a década dos 70 do século pasado, participando nos Comités de axuda á loita labrega e na Coordenadora de montes de Pontevedra.

No ano 1989 forma parte da Coordenadora de Montes de Galicia

É coofundador da Mancomunidades de comunidades de montes de Val Miñor, a primeira mancomunidade de comunidades de montes que se crea no País (1992)

No ano 1997 preside o I Congreso Galego de comunidades de montes celebrado no concello de Poio. No ano 2002, preside o II Congreso Galego de comunidades de montes celebrado no concello de Pontevedra. No ano  1999 e nomeado Presidente da Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM), cargo que ostenta na actualidade. É presidente da comunidade de montes veciñais en man común da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello de Baiona.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña