12:36 Sabado, 21 de Outubro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

ADRIÁN RODRÍGUEZ BRAVO Perfil

Vigo, 1988


Activista político e social xa que dende o ano 2005 participo en diversas organizacións políticas e sociais de Vigo. Nese ano e con 17 anos comezo a militancia no movemento estudantil nacionalista dentro dos Comités Abertos de Estudantes (CAE) (organización maioritaria no ensino medio na Galiza hoxe integrada nos Comités), da que fun Secretario Xeral até a unificación dos CAE e Comités Abertos de Facultade (CAF) e a constitución dos Comités.

No ano 2006 entro a formar parte de Galiza Nova e do Bloque Nacionalista Galego. En ambas organizacións asumín diferentes responsabilidades durante todos estes anos. Na actualidade son o Responsábel Comarcal de Galiza Nova e membro da Permanente de Galiza Nova.

En 2010, enceto a participación no movemento veciñal na AAVV de Lavadores e actualmente participo na Asociación Veciñal Teis e no movemento sindical na C.I.G., como delegado sindical no meu centro de traballo.

En abril do 2015 son eleito no XVI Congreso da UMG Secretarío Xeral.

Son Técnico en Animación Sociocultural e actualmente traballo como monitor de persoas con T.E.A e diversidade funcional permanente nunha asociación de nais e pais en Vigo.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal