21:03 Martes, 12 de Decembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

CARLOS PEREIRA MARTÍNEZ Perfil

Montevideo, 1959

Carlos Pereira Martínez


Licenciado en Xeografía e Historia pola U.N.E.D., onde realizou os Cursos de doutorado en Historia Medieval. Especialista na Orde do Temple nos reinos de Galicia e León. Profesionalmente é Historiador do Concello de Culleredo.

Membro da "Sociedad Española de Estudios Medievales", da "Asociación de Escritores en Lingua Galega", da Asociación Cultural "Estudios Históricos de Galicia" e da "Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia", entre outras.

Ten publicado máis dunha ducia de libros, entre os que se pode salientar Fábrica de Armas de A Coruña. Seis décadas de historia, (1998), Anxo Senra Fernández. Vida e obra (1999), Os Templarios. Artigos e ensaios, (2000), Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936), (2002), Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936) (2003, con Ana Romero Masiá), O orballo da igualdade. Asociacionismo femenino progresista na Coruña (2005, con Ana Romero Masiá), A Galicia heterodoxa (2010), Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República (2011, con Ana Romero Masiá, Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica en 2011), Xaime Quintanilla Martínez, xornalista en Ferrol (2012, con Ana Romero Masiá), e o poemario Río Alzheimer (2013, 1º premio no XXXVII Certame Literario Concello de Vilalba en 2011) e en torno a 150 de artigos de historia, poemas ou outros textos en xornais, revistas especializadas, actas de congresos e libros colectivos.

Formou parte do colectivo poético coruñés "Os Habitantes do Lago", cursou estudos varios anos no Conservatorio de Música da Coruña e foi tamén un dos fundadores do Grupo de Teatro "Maiolongo" de Culleredo (1976) e director do grupo (1978). Artista plástico, ten realizado exposicións, individuais ou colectivas, por toda Galicia e Portugal.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal