Profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa.
Freixeiro Mato licenciouse en Filoloxía Románica e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose na Universidade da Coruña cunha tese sobre Antonio Noriega Varela.
As súas liñas de investigación céntranse na gramática da lingua galega e na análise da lingua literaria. Autor dun amplo abano de artigos e de libros de ensaio e investigación.
Obra:
-A cara oculta de Noriega Varela (1992)
-Da montaña o corazón (1993), VII premio literario Ánxel Fole.
-Sebastián Martínez-Risco na cultura galega (1994)
-Antonio Noriega Varela. Estudo e edición da obra completa (1994)
-Rafael Dieste: Vida, personalidade e obra (1995).
-Os diminutivos en galego (1996).
-Antoloxía da prosa literaria medieval (1996).
-Os séculos escuros e a Ilustración galega. Antoloxía (1996)
-Lingua galega: Normalidade e conflito (1997).
-Historia da lingua galega (1998), conxuntamente con Anxo Gómez Sánchez.
-Gramática da Lingua Galega (Volumes I-II-III e IV, 1998-2003).
-Cucou o cuco cuqueiro. (Lingua e estilo na obra de Manuel María) (2006), gañadora do XX premio literario Ánxel Fole (El Progreso - Fundación Caixa Galicia).
-Lingua, nación e identidade (2007)
-Lingua de calidade (2009)
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.