06:34 Sabado, 23 de Febreiro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

SUSANA MÉNDEZ RODRÍGUEZ Perfil

Punxin


Enfermeira. Nada en Punxin, realizou os seus estudos en Ourense.

Militante do nacionalismo desde os 18 anos, foi membro de Galiza Nova, onde foi Responsábel Comarcal de Ourense e membro da Dirección Nacional e da Permanente.

Por cuestións laborais, viviu durante 13 anos en Valdeorras, onde participou como militante en Galiza Nova e no BNG. Foi elixida delegada da CIG no Hospital Comarcal Valdeorras, onde ostentou o cargo de Presidenta da Xunta de Persoal durante dous anos.

Participou activamente tamén na formación da Asemblea de Zona da Mesa pola Normalización Lingüística de Valdeorras, sendo Responsábel da mesma durante varios anos.

Actualmente, é Secretaria de Organización de CIG-Saúde e está a piques de rematar a licenciatura en Antropoloxía Social e Cultural.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña