12:12 Venres, 23 de Xuño de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

MARTA DACOSTA ALONSO Perfil


Escritora e profesora de lingua e literatura galegas, membro da Executiva Nacional da CIG-Ensino, delegada sindical desta organización e integrante do Consello directivo da Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

Como escritora a súa obra poética está recollida en diversas antoloxías, nalgunhas traducida ao ruso, ao catalán ou ao español. Publicou até o de agora os seguintes libros: Crear o mar en Compostela, premio de poesía "O Grelo" 1993, Pel de ameixa,  premio González Garcés 1995, Setembro, premio "Martín Códax" 1998, En atalaia alerta, accésit do premio Esquío 1999,  As Amantes de Hamlet, 2003, Cinza, 2009, e o libro de viaxes Baixo Miño.

Publicou varios artigos sobre terminoloxía da natureza ou toponimia relacionada cos mamíferos mariños, investigou sobre a sintaxe do galego medieval e ten publicado estudos sobre a obra poética de Manuel María, Méndez Ferrín ou Victoriano Taibo.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal