14:33 Venres, 29 de Maio de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

TERESA MOURE Perfil


Teresa Moure é profesora de Lingüística na Universidade de Santiago de Compostela. É autora das seguintes novelas: A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004 e Premio San Clemente 2005; Herba moura (2005), Premio Xerais de Novela 2005, Premio Irmandade do Libro á Autora do ano 2005, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 e Premio da Crítica Española 2005; Benquerida catástrofe (2007); A Casa dos Lucarios (2007) e A intervención (2010). Publicou, ademais, os ensaios Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004; A palabra das fillas de Eva (2005), Premio da Crítica Galicia 2005 (ensaio) e O natural é político (2008). Obtivo o premio Rafael Dieste 2007 pola súa peza dramática Unha primavera para Aldara (2008), levada a escena por Teatro do Atlántico, e recoñecida co premio María Casares ao mellor texto orixinal 2009 e co Premio AELG 2009 a texto teatral. No eido da literatura infantil publicou o conto Eu tamén son fonte (2008), ilustrado por Leandro Lamas. A súa novela Herba moura foi xa traducida a cinco linguas europeas e. Alén destes textos, a autora tira a forza para escribir das intervencións orais onde mostra o compromiso da súa obra co feminismo, coa ecoloxía e coa nación.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña