01:15 Domingo, 18 de Agosto de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

GONZALO-HENRIQUE CASTRO PRADO Perfil

Ordes, 1972

Gonzalo-Henrique Castro Prado


Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, cursando, así mesmo, a licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración pola UNED. É avogado e membro do Gabinete de Estudos Técnicos do BNG, como asesor dos Grupos Parlamentarios desta formación política.

Participou no movimento estudantil, nos Comités Abertos de Faculdade (CAF), sendo representante do estudantado na Xunta da Facultade de Dereito da Coruña. Participou activamente no movimento ecoloxista, onde foi secretario comarcal da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) na delegación de Ordes-Cerceda e membro da Directiva da citada organización.

Militou en Galiza Nova e no BNG, e na actualidade forma parte do Consello Comarcal e da Executiva Comarcal do BNG na comarca de Santiago de Compostela, sendo, así mesmo, concelleiro e Portavoz Municipal do BNG no Concello de Ordes.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña