21:11 Xoves, 12 de Decembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

ROSA ENRIQUEZ Perfil

Rosa Enríquez

Rosa Enríquez (A Rúa 1969)-Licenciada en Filoloxía Hispánica. Na actualidade exerce como profesora de francés no I.E.S. "Macías o namorado" de Padrón (A Coruña).

Colabora habitualmente nas revistas literarias Dorna, Xistral, A Casa da Gramática, Leña verde, A xanela e Ólisbos, na revista dixital de pensamento nacionalista Terra e tempo, no portal independentista galego Galiza Livre, no xornal Novas da Galiza e como columnista do xornal La Región. Ten participado en exposicións colectivas de arte -"Icónos" (2006) e "Artnatura" (2007)-, en publicacións adicadas ós poetas María Mariño e Uxío Novoneyra, e na performance Palabra en movemento (2008) baseada toda ela na súa obra Vestíbulo da devastación.

Obra

  • Nas aforas, 2006 (Premio Francisco Añón de Poesía do Concello de Outes 2005, publicado polo propio concello nun volume colectivo).
  • Raizame vexetal, 2007 (1º Accesit do Premio I Conde de Gondomar, Editorial Alvarellos).
  • Vestíbulo da devastación, 2007 (Editorial Espiral Maior).
  • Unicrom, 2009 (Editorial Sotelo Blanco - Colección Medusa).
  • Sétimo Andar, Poesía Alén, 2010 (Nova Galicia Edicións, baixo licenza Creative Commons - Volume colectivo).
Ligazóns externas

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña