02:21 Martes, 25 de Xuño de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

SILVANA CASTRO GARCÍA Perfil

Carballo, 1982

Silvana Castro García


Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, onde tamén obtivo o Diploma de Estudos Avanzados no programa 'Estudos lingüístico-literarios do galego e do portugués'.

Na actualidade traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no ensino medio  e desempeña as seguintes responsabilidades políticas e sociais: Responsábel da Mesa pola Normalización Lingüística na comarca de Bergantiños, Membro da Directiva da Mesa pola Normalización Lingüística, Coordinadora da Plataforma Queremos Galego en Bergantiños e A Costa da Morte, Membro da Dirección Nacional de Galiza Nova, Responsábel de Finanzas e Ensino Medio da Dirección Comarcal de Galiza Nova de Bergantiños e Membro do Consello Local do BNG de Carballo.

No ámbito da Lingüística e da Literatura galegas ten publicado as seguintes obras:

- Documentos para a historia do teatro galego (1919-1924) (2005), Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística, Universidade da Coruña.

- Nicomedes-Pastor Díaz, unha existencia exemplar, de Ramón Vilar Ponte (2006), Fundación Caixa Galicia [Obra galardoada co XIX Premio Literario Ánxel Fole].

- Bibliografía analítica da lingua galega (2005 e complementos de 2004) (2008), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galiza.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña