01:16 Luns, 21 de Agosto de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

RAÚL FERNÁNDEZ IGLESIAS Perfil

Lugo, 1955

Raúl Fernández Iglesias


Realizou estudos de Enxeñería Industrial na Universidade Politécnica de Madrid e de Informática na primeira promoción da Facultade de Informática de A Coruña.

Despois duns anos adicados á docencia incorpórase á Federación Galega de Municipios e Provincias dende a súa fundación e creación da estrutura administrativa a principios dos 90 como Responsable TIC.

Na actualidade ostenta o cargo de Coordinador Xeral da Federación ademais da responsabilidade en materia TIC.

Como experto en administración local formou parte da Comisión de Análise Local do Parlamento de Galicia e na actualidade da Comisión de Facendas Locais. Exerce de Secretario na Comisión Técnica do Pacto Local da Auga de Galicia e na Comisión de Seguimento das aulas CeMIT, ademais de integrar outras Comisións de diferentes temáticas relacionadas coa administración local.

Participou do movemento veciñal no que ostentou o cargo de Presidente da Asociación de Veciñas/os de Monte Alto. Foi responsable local do BNG na cidade de A Coruña, e ademais Coordinador da Comisión Nacional de Novas Tecnoloxías.





© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal