02:51 Mércores, 26 de Xuño de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

EVA LEMA TRILLO Perfil

Herisau (Suiza), 1971

Eva Lema Trillo


Filla de emigrantes galegos, naceu o 7 de abril de 1971 no cantón alemán en Suiza, na localidade de Herisau perto de Zürich. Cando contaba con 8 anos os seus pais retornaron ao país e se instalaron en Vimianzo (A Coruña). Alí estudou EXB. Nun internado en A Coruña cursou o bacharelato. O empeño por estudar Xornalismo levoulle á Universidade Complutense de Madrid, onde realizou a Licenciatura en Ciencias da Información. No ano 1.993 entrou a traballar no Gabinete de Comunicación e Imaxe de IU-Federal onde paermaneceu até o ano 2.000.Alternou a súa actividade profesional coa realización do Doutorado no programa de Socioloxía da Opinión Pública e Medios de Comunicación de Masas da Universidade Complutense. Programa no que publicou unha investigación sobre a imaxe das mulleres na publicidade dos anos 90. É Doutora en Ciencias da Información  pola presentación e leitura no ano 2.003 da súa tese de doutoramento sobre “os modelos masculinos e femeninos no cinema comercial de Hollywood: 1.990-2.000”. No ano 2.000 comezou a desempeñar a súa actividade profesional no Gabinete de Prensa do BNG no Parlamento do Estado, onde continúa. Milita no BNG despois de ter militado en Galiza Nova.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña